27 sept 2022
Próxima apertura
Raticonto está feliz xa que moi prontiño vai abrir as portas da súa mansión! Xa se vestiu de gala para a ocasión...
Que ganiñas de ver a biblioteca chea de nenxs!
26 sept 2022
"Sente onde vives"
Este curso o PDI do noso centro titúlase "Sente onde vives" e a nosa biblio conta cun mural na entrada da Biblioteca de Rati xa que moi prontiño imos abrir as nosas portas...
Grazas a Luli e a Merce por axudarnos a que o corredor da nosa biblioteca luza máis fermoso e anime á lectura!
21 jun 2022
Ratilector@s do ano
Repartimos os premios @s mellores Ratilector@s deste curso
1 / 5
Emma
2 / 5
Hugo
3 / 5
Iria
4 / 5
Darío
5 / 5
Érika
12 jun 2022
Ratinovas Press 2022
Raticonto trae novas frescas!! Xa temos aquí a quinta edición da nosa revista escolar. Vén chea de
recordos e imaxes dos mellores momentos deste curso que remata.
Se queredes vela
a pantalla completa so tedes que premer sobre a imaxe que aparece a
continuación.
Esperamos que vos guste moito!
29 mar 2022
Visita de Andrea Maceiras
Estes días, os e as chicos e chicas de 6º, recibimos á escritora Andrea Maceiras, autora do libro " A folla azul", que tivemos o gustazo de leres no primeiro trimestre e, flamante gañadora do Premio Merlín 2021.
Unha charla distendida sobre a importancia da Natureza e o coidado do planeta e das persoas que nel habitan. Grazas Andrea, volve cando queiras que serás ben recibida!
17 mar 2022
VISITAS ILUSTRES
Despois de tanto tempo sen poder recibir no cole ás creadoras e creadores das nosas lecturas favoritas, demos a benvida, hai poucos días, a Miguel López e María Canosa que viñeron falarnos das súas publicacións, "Feliz Feroz" e "As pombas de Bastián". Alumnado de 2º e 4º feliz de gozar dunha compaña tan esperadae ilustre.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




