E por fin, cun divertido escape room, abriuse a biblioteca do cole coa axuda do alumnado! 🧩
Este ano imos traballar a arte como Proxecto Documental Integrado (PDI). 🎨
O noso proxecto leva por título “Rati creARTe”, unha proposta chea de cor, creatividade e imaxinación.
Queremos convidar a toda a comunidade educativa -alumnado, profesorado, familias e demais persoas implicadas no día a día da escola- a participar activamente nesta aventura artística. A vosa colaboración será fundamental para encher de vida, expresión e aprendizaxe cada recuncho do noso centro.
Xuntos e xuntas faremos da arte unha ferramenta para descubrir, experimentar e compartir. Animádevos a crear con nós!
Como ben dixemos antes, abriuse a biblioteca do cole coa axuda do alumnado, os nenas e nenos do CEIP Coirón-Dena atoparon as chaves que abren a biblioteca! 🔑
Dentro agardábanos Rati rodeada de libros relacionados ca arte e unha mensaxe especial anunciando o PDI deste curso escolar: “Rati creARTe”. 🎨
Máis imaxes na publicación do Instagram da biblio:
https://www.instagram.com/p/DPeXfP5jDhU/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==