29 mar 2022

Visita de Andrea Maceiras

Estes días, os e as chicos e chicas de 6º, recibimos á escritora Andrea Maceiras, autora do libro " A folla azul", que tivemos o gustazo de leres no primeiro trimestre e, flamante gañadora do Premio Merlín 2021. Unha charla distendida sobre a importancia da Natureza e o coidado do planeta e das persoas que nel habitan. Grazas Andrea, volve cando queiras que serás ben recibida!

17 mar 2022

VISITAS ILUSTRES

Despois de tanto tempo sen poder recibir no cole ás creadoras e creadores das nosas lecturas favoritas, demos a benvida, hai poucos días, a Miguel López e María Canosa que viñeron falarnos das súas publicacións, "Feliz Feroz" e "As pombas de Bastián". Alumnado de 2º e 4º feliz de gozar dunha compaña tan esperadae ilustre.