16 dic 2022

E ti... que me agasallas?

Estas son as fermosas palabras que agasallamos a Rati para estas datas cos nosos mellores desexos...
Bo Nadal a todxs!

11 dic 2022

BIBLIOTECA DE NADAL

A nosa biblioteca Raticonto xa está engalanada para as datas que se acercan, o Nadal. Raticonto preparou a súa casiña. Ben bonita está! Convidámosvos a que veñades visitarnos para disfrutar dunha boa compaña. Agardámosvos!!!

5 dic 2022

Xa estamos preparadxs para a chegada do Nadal

Na nosa biblioteca, xa estamos preparadxs para a chegada do Nadal.
Vide a vistala! Agardamos que vos guste!

2 dic 2022

Día da diversidade funcional

A nosa biblioteca conta cunha importante variedade de libros relacionados coa diversidade funcional...
Esperamos que vos gusten!

1 dic 2022

Xa é Nadal!

Comeza a achegarse o Nadal á biblioteca de Raticonto...
Que sorpresas de Nadal estará argallando?

11 nov 2022

Magosto

Celebramos o Magosto no C.E.I.P. Coirón - Dena e alá marchamos todxs aos Pasales, incluído Raticonto...
Pasámolo xenial!

28 oct 2022

Contacontos de Samaín

No día da celebración do Samaín, organizáronse diferentes contacontos de medo por parte das familias e do profesorado na biblioteca...
Que medo!!!

24 oct 2022

Rati recomendacións para o Samaín - Halloween

Achéganse as datas de máis medo, polo que na Biblioteca de Raticonto tes preparada unha boa selección de libros e albumes ilustrados terroríficos...
Vente botar un ollo a ver se hai algún que che interese!

Día da biblioteca

Co gallo da Conmemoración do Día das Bibliotecas organizamos unha actividade na que todxs participamos, escribindo ideas de libros cos que nos gustaría contar na nosa biblioteca. Un feixe de libros para Rati...

Decoración de Samaín

Así loce a nosa biblioteca engalanada para a celebración do Samaín...
Que vos parece?

21 oct 2022

Truco ou libro

Que argallaría Raticonto? Que será iso de truco ou libro?
Achegádevos a vindeira semana...

10 oct 2022

Aquí podes merendar

Este curso habilitouse un pequeno recuncho o oco das escaleiras para que o alumnado que queira merendar antes de entrar na biblioteca o poida facer...
Esperamos que vos guste!