19 jun 2015

ENTREGA DOS PREMIOS ÁS LECTORAS E AOS LECTORES OLÍMPICOS DESTE CURSO.

Como acontece cada curso, a biblioteca Raticonto premia a aquelas nenas e aqueles nenos que máis leron ao longo do ano escolar. Parabéns para todas e todos...ánimo aso que non o acadastes...de seguro que para o vindeiro o conseguides...esperámosvos pola biblio!!! Raticonto e o equipo de biblioteca deséxanvos unhas moi boas vacacións de verán...e non olvidedes que un libro sempre é unha boa compaña!!!

18 jun 2015

DESPEDIDA DAS COLABORADORAS E COLABORADORES DO CURSO 2014-2015

Hoxe as chicas e chicos de 6º, que nos axudaron este ano na biblioteca, recibiron un pequeno agasallo pola súa inestimable colaboración ao longo dos patios deste curso que está a piques de finalizar. Desexámoslle que todo lles sexa propicio a partires de agora. Moita sorte e RATIGRAZAS!!!

12 jun 2015

Desde 5º B anímannos á lectura.

VÍCTOR RIVAS

Hoxe recibimos unha visita moi especial... Víctor Rivas, adícado profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual. Creador dos personaxes dunha aplicación para escribir contos nas tablets que se chama Creappcuentos que traballaron os alumnos de 1º e 3º, e ilustrador do libro que estivemos a ler, comentar e disfrutar nestes días, en 5º e 6º,“Escarlatina, a cociñeira defunta” ademais doutros que podemos atopar na nosa biblioteca como “Volverás, golfiño” , “Dúas bágoas por máquina”... Contounos como era isto de crear eses personaxes tan máxicos como Escarlatina, Román, Dodoto, Amanito,Nicotina...Iris...Xusta...Máquina...amosounos o seu mundo de fantasía...ata nos debuxou un dragón!!! Logo firmounos os nosos libros cunha adicatoria absolutamente personalizada!!! e, xa máis tarde, acompañou á nosa mascota, Raticonto, a visitar a biblioteca onde nos deixou a súa impronta. Grazas pola túa visita, Víctor, e grazas, profe Cuca, por facilitarnos coñecer a alguén tan especial!!!

2 jun 2015

Olloboi 2015

O sábado pasado falláronse os premios Olloboi 2015. Estabamos nominados en seis categorías co vídeo "Maruxa" e acadamos o primeiro premio no Olloboi Online. Desde aquí grazas a todos e todas os que o fixestes posibles cos vosos votos!!!