17 dic 2025

Recomendacións lectoras Nadal

📚✨ Este Nadal, compartimos historias! ✨📚

Desde a biblioteca Raticonto queremos compartir coas familias algunhas recomendacións lectoras, e algúns xogos tamén, para gozar xuntas nestas datas tan especiais.

Contos para soñar, rir, pensar e, sobre todo, para ler en familia ❤️

Agardamos que estes libros e xogos vos acompañen durante o Nadal e máis alá.

Boas lecturas e felices festas! 🎄🐭











5 dic 2025

ARTE FEITA MÚSICA

🎨✨ A Arte Feita Música en Infantil ✨🎶

O alumnado de Educación Infantil sorprendeu hoxe cunha fermosa representación dedicada a Antonio Vivaldi e ás súas obras máis coñecidas. A través do movemento, a expresión corporal e pequenas dramatizacións, os nenos e nenas deron vida á música do compositor italiano, convertendo o escenario nun espazo cheo de sensibilidade artística.

Esta actividade forma parte do noso PDI centrado na arte, no que buscamos que o alumnado explore distintas linguaxes artísticas desde idades temperás, desenvolvendo a creatividade, a escoita activa e o gusto pola cultura.

Unha experiencia chea de emoción, aprendizaxe e música.
Parabéns aos pequenos artistas e ao profesorado pola súa magnífica actuación! 🎻🌟

Para veres o vídeo resumo da actuación, premede na seguinte ligazón: