22 nov. 2017

TOÑO NÚÑEZ

Hoxe foi unha mañá máxica para os/as máis peques do cole. Visoitounos nada máis e nada menos que o autor do libro que traballaron neste trimestre "O señor mago e a folla", Toño Núñez. Velaquí tedes as imaxes dos marabillosos momentos compartidos co autor que nos contou, cantou e encantou. Grazas, Toño!!!

Aos poucos días recibimos unha mensaxe moi especial...
Que bonito! Unha mañá moi alegre na compañía das nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP de Coirón-Dena. Compartir con vós as miñas "toñadas" foi marabilloso. Un feixe de bicos para tod@s e un bico especial (de queixo) para Raticonto, a vosa mascota. E, por suposto, unha aperta moi agradecida para todas as profes que fixeron posible o encontro. Ai... e grazas, tamén, a un tal Mariano? (jejeje...)

Toño Núñez


GRAZAS!