3 may 2023

27 abr 2023

Visítanos Érica Esmorís

Hoxe visitou a nosa biblioteca Éirca Esmorís, autora de fermosos libros coma o de Patio de Luces, que leu o noso alumnado de segundo ciclo. Organizou a charla en diferentes momentos, tales como presentación, retos para os lectores e lectoras e sinatura de libros.
Pasamos un momento estupendo na compaña desta gran escritora! Grazas!

17 abr 2023

Semana do libro

Semana do libro en Raticonto... ...organizamos unha biblio moi xeitosiña, con novos espazos...
...e preparamos a actividade de "Cita a cegas cun libro"!
Esperamos que vos guste!

20 mar 2023

Visítanos "O hematocrítico"

Hoxe, visitou a Biblioteca de Raticonto o autor "O hematocrítico", para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
Lemos moitos contiños del ao longo do curso e na biblio organizouse unha fermosa exposición para recibilo.
Pasamos un bo anaquiño xuntos e finalmente, Raticonto agasallounos cunha deliciosa galleta coa portada impresa de "A Gaivota Goumet".
Moitas grazas por visitarnos e facernos pasar este tempiño tan agradable na túa e dos teus marabillosos contos!

8 mar 2023

Liña do tempo de mulleres importantes na nosa historia

Por todo o centro, podemos ver unha expectacular liña do tempo con mulleres importantes da nosa historia.
Visitádea! A Rati encantoulle!

23 feb 2023

Sente Rosalía

No CEIP Coirón - Dena, sentimos a Rosalía...
Feliz Día de Rosalía a todxs!

Exposición de Mulleres e Rosalía

Na bibio contamos cunha exposición de que fai alusión a nosa querida Rosalía de Castro así como a Mulleres, aunando as conmemoracións do Día de Rosalía e do Día da Muller.
Esperamos que vos guste e que vos sexa proveitosa!

14 feb 2023

Raticomanda para o mércores

Este mércores... "SE DA NATUREZA QUERES DESFRUTAR, ADORNOS CON FOLLAS E PLANTAS POLO CORPO DEBERÁS LEVAR."

10 feb 2023

Raticomanda para luns

Estades preparadxs para o entroido? Primeira "Raticomanda": "SE DA AUGA TE QUERES PROTEXER, CHAPEU NA CABEZA DEBERÁS TRAER".

9 feb 2023

Ímonos preparando para o entroido

Moi prontiño está a chegar o entroido, polo que Raticonto xa está ansioso esperando as "Raticomandas" deste Entroido 2023...

6 feb 2023

Novidades do mes de febreiro

Na biblioteca Raticonto podedes atopar os libros que a continuación se mostran na estantaría de novidades.
Animádevos! Vide á biblioteca e seguro que picades!

9 ene 2023

Ratiagasallos de Nadal

Voltamos das vacacións de Nadal e Raticonto tennos preparadas un feixe de sopresas debaixo da árbore...
Que será será?