22 nov 2017

TOÑO NÚÑEZ

Hoxe foi unha mañá máxica para os/as máis peques do cole. Visoitounos nada máis e nada menos que o autor do libro que traballaron neste trimestre "O señor mago e a folla", Toño Núñez. Velaquí tedes as imaxes dos marabillosos momentos compartidos co autor que nos contou, cantou e encantou. Grazas, Toño!!!

Aos poucos días recibimos unha mensaxe moi especial...
Que bonito! Unha mañá moi alegre na compañía das nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP de Coirón-Dena. Compartir con vós as miñas "toñadas" foi marabilloso. Un feixe de bicos para tod@s e un bico especial (de queixo) para Raticonto, a vosa mascota. E, por suposto, unha aperta moi agradecida para todas as profes que fixeron posible o encontro. Ai... e grazas, tamén, a un tal Mariano? (jejeje...)

Toño Núñez


GRAZAS!

10 oct 2017

LECTORES E LECTORAS DE PATIO 2017-2018

Os/as nenos/as de 5º que neste curso lles van ler contos aos/ás compañeiros/-as de 1º e 2º. Grazas chicos e chicas pola vosa colaboración!!! Boas lecturas!!!

Lema para este curso

O lema de Bibliotecas Escolares para este curso é "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar". Aí o tedes na entrada da nosa biblio.

29 sept 2017

CARNÉS DA BIBLIOTECA PARA OS NENOS E NENAS DE 2º

Esta semana fixóselle entrega aos nenos e nenas de 2º dos seus carnés da Biblioteca. A partires do vindeiro luns os e as que queiran xa poderán levar para a casa libros do autoempréstito do espazo lector. Aquí os e as tedes, felices coas súas identificacións.

17 may 2017

TORIBIO

Despois duns días de intensa busca intrigados e intrigadas por este personaxe...por din demos con el.Que ben coñecerte, Toribio!
Letras Galegas. empezan as celebracións. Este luns visitounos Pedro Brandariz que da man de Toribio, personaxe infantil creado por Carlos Casares, presentounos un mundo cheo de trebellos capaces de facer as maxias máis inesperadas e abraiantes, no seu espectáculo "Os contos de Toribio".

10 may 2017

GARABATO E TINTA

Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta é un rato que goza pintando. Pero a ningún dos dous lles gustan as obras do outro...ou iso din. Non aceptan as críticas e pelexan porque ámbolos dous queren ser os mellores artistas do mundo. Finalmente danse conta de que xuntos, cada un co seu estilo, poden crear auténticas obras de arte.

 

22 abr 2017

DÍA DO LIBRO

Da man de Gloria Fuertes celebramos neste curso este día. Ela díxonos como debuxar e nós demostramos as nosas inquietudes artísticas.FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

5 abr 2017

30 mar 2017

ARTELLANDO CON AN ALFAYA

Todo preparado para a imminente chegada de An Alfaya!
Chegou o día! Con todos vos... An Alfaya...a encontadora que nos encantou!!!
An adicándonos os nosos libros! Momento de firmas e algunha que outra confidencia...e tamén unhas risadas!!!

20 mar 2017

LEDICIA COSTAS

Todo preparado para a chegada de Ledicia...
Canto nos contou e nos encantou...
Nós tamén cociñamos...para ela e para nós...
Haberá que probala ou que?
Adicatorias con moito agarimo...
Máis adicatoiras
Photocall
Esperamos volver saber de ti pronto, volver lerte e volver verte!!!
 GRAZAS LEDICIA!!!

8 mar 2017

ARTELLANDO CON IAGO LÓPEZ

Visita do escritor Iago López autor de "O cociñeiro Martiño".
 Iago contacontos...
Contestou as nosas preguntas...
Entregámoslle un agasallo para que se lembre de nós e para agradecerlle a súa visita...
Iago adicounos o seu libro...
GRAZAS IAGO!!!