17 dic 2025

Recomendacións lectoras Nadal

📚✨ Este Nadal, compartimos historias! ✨📚

Desde a biblioteca Raticonto queremos compartir coas familias algunhas recomendacións lectoras, e algúns xogos tamén, para gozar xuntas nestas datas tan especiais.

Contos para soñar, rir, pensar e, sobre todo, para ler en familia ❤️

Agardamos que estes libros e xogos vos acompañen durante o Nadal e máis alá.

Boas lecturas e felices festas! 🎄🐭











5 dic 2025

ARTE FEITA MÚSICA

🎨✨ A Arte Feita Música en Infantil ✨🎶

O alumnado de Educación Infantil sorprendeu hoxe cunha fermosa representación dedicada a Antonio Vivaldi e ás súas obras máis coñecidas. A través do movemento, a expresión corporal e pequenas dramatizacións, os nenos e nenas deron vida á música do compositor italiano, convertendo o escenario nun espazo cheo de sensibilidade artística.

Esta actividade forma parte do noso PDI centrado na arte, no que buscamos que o alumnado explore distintas linguaxes artísticas desde idades temperás, desenvolvendo a creatividade, a escoita activa e o gusto pola cultura.

Unha experiencia chea de emoción, aprendizaxe e música.
Parabéns aos pequenos artistas e ao profesorado pola súa magnífica actuación! 🎻🌟

Para veres o vídeo resumo da actuación, premede na seguinte ligazón:

19 nov 2025

Mochilas viaxeiras

✨ Comezamos coa nosa Mochila Viaxeira! ✨

Hoxe iniciamos unha nova aventura chea de aprendizaxes, emocións e momentos compartidos. A mochila viaxeira viaxará cada semana a un fogar diferente, converténdose nun espazo de encontro entre escola e familia.

📚 Por que a usamos?
A súa finalidade é fomentar o gusto pola lectura, o achegamento aos idiomas, a creatividade e o diálogo familiar. É unha ferramenta que une, que abre portas e que crea recordos.

🎒 Que atoparedes dentro?
• Un libro en galego, para seguir fortalecendo a nosa lingua.
• Un libro en español e outro en inglés, para ampliar horizontes e descubrir novas historias.
• Un libro relacionado cos valores, para pensar xuntos en como medramos por dentro.
• Un libro de manualidades, para deixar voar a imaxinación e gozar en familia.

💭 Espazo de reflexión
Ao final, atoparedes unha folla para que o alumnado e familias poidades escribir ou debuxar como foi a experiencia: que vos gustou máis, que descubríchedes, que vos fixo sorrir… Queremos escoitar as vosas voces!

Grazas por formar parte deste camiño compartido. A mochila xa está lista… Boas viaxes e boas lecturas! ✨📖

Para máis imaxes, botádelle un ollo á publicación na nosa conta de Instagram:

24 oct 2025

Día das Bibliotecas Escolares

Para celebrar o Día das bibliotecas escolares, dende a biblio do CEIP Coirón-Dena, amosamos ao alumnado algunhas das bibliotecas máis curiosas do mundo.Á súa vez, animámolos a que deseñen a súa biblioteca ideal. 📚

Agardamos con impaciencia os deseños dos nosos e nosas artistas! 🎨


Para ver o resultado da actividade visitade a publicación na nosa conta de Instagram:

2 oct 2025

Apertura da Biblioteca Raticonto

E por fin, cun divertido escape room, abriuse a biblioteca do cole coa axuda do alumnado! 🧩

Este ano imos traballar a arte como Proxecto Documental Integrado (PDI). 🎨🫟

O noso proxecto leva por título “Rati creARTe”, unha proposta chea de cor, creatividade e imaxinación.
                                            

                                                 

Queremos convidar a toda a comunidade educativa -alumnado, profesorado, familias e demais persoas implicadas no día a día da escola- a participar activamente nesta aventura artística. A vosa colaboración será fundamental para encher de vida, expresión e aprendizaxe cada recuncho do noso centro.

Xuntos e xuntas faremos da arte unha ferramenta para descubrir, experimentar e compartir. Animádevos a crear con nós!

Como ben dixemos antes, abriuse a biblioteca do cole coa axuda do alumnado, os nenas e nenos do CEIP Coirón-Dena atoparon as chaves que abren a biblioteca! 🔑

Dentro agardábanos Rati rodeada de libros relacionados ca arte e unha mensaxe especial anunciando o PDI deste curso escolar: “Rati creARTe”. 🫟🎨


Máis imaxes na publicación do Instagram da biblio:
https://www.instagram.com/p/DPeXfP5jDhU/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==