23 dic 2016
14 dic 2016
25 nov 2016
28 oct 2016
PINTAMOS O NOSO MEDO DE CORES...
Rati coouse no túnel do medo... unhas pantasmas que andaban pola biblio acabaron coreadiñas e pintou o noso medo de cores...E que esta nosa mascota éche unha caixa de sorpresas!!!
26 oct 2016
TERRITORIO DAS ARTES
Celebramos o día das Bibliotecas dun xeito moi especial...rodeados de arte!!!
Grazas familias!!!
25 oct 2016
Concurso "O Outono na pintura"
Como sabedes este ano o lema de traballo para as bibliotecas escolares é "Territorio das artes".
Iremos traballando dende a biblioteca coas diferentes artes ao longo do curso.
Neste intre temos en marcha o concurso "O outono na pintura" consistente en que os nenos e nenas do colexio que queiran adiviñen o autor e o título destes cadros.
Para participar deberán cubrir unha ficha cos datos dos cadros e depositala no buzón antes do día 7 de novembro. O resultado do concurso saberase durante a celebración do magosto. Para facilitarvos o traballo de investigación sobre os cadros deixámosvos aquí as fotos do concurso:
Sorte a tódolos participantes!!
Para participar deberán cubrir unha ficha cos datos dos cadros e depositala no buzón antes do día 7 de novembro. O resultado do concurso saberase durante a celebración do magosto. Para facilitarvos o traballo de investigación sobre os cadros deixámosvos aquí as fotos do concurso:
Sorte a tódolos participantes!!
18 oct 2016
"NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS"
Onte celebrouse o Día das Mulleres Escritoras. A iniciativa xurdiu da Biblioteca Nacional para compensar a discriminación histórica das mulleres na literatura.As nenas do noso centro retratáronse neste día tan sinalado baixo o lema "Nós tamén escribimos". Velaquí o noso futuro en chave feminina.
5 oct 2016
Lemos!!!
Desde este luns xa baixamos cos nosos e as nosas titores e titoras,na quenda establecida, a gozar do espazo lector.
Comezou o préstamo...
Con algún que outro atranco... non nos vai o autoempréstito...comezamos o préstamo...esperamos que a solución chegue pronto...non damos feito!!!
Raticonto e os carnés
Hoxe, a nosa mascota, acercouse ás aulas de 2º para facer entrega, aos novos usuarios e usuarias do préstamo da Biblio, dos carnés...ledicia!!!
17 sept 2016
CARTEL DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA ESTE CURSO
Minia Regos é a autora do cartel deste ano. Mirade que bonito!
12 sept 2016
BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2016-2017!!!
Xa estamos de volta!!!
Despois deste tempo de lecer xa comeza o cole. Espero que recargarades ben as pilas porque este curso traio un monte de ideas...e, como sempre, heivos pedir axuda para que as poidamos facer realidade. Benvidas e benvidos, pronto saberedes de min así que ... Estade ben atentos e atentas!!!
23 jun 2016
RATI MARCHA DE SAFARI
O curso foi longo...canto fixemos!...canto traballamos!..Agora toca descansar...Rati marcha de safari..seguro á volta moito terá que contar...de momento...das vacacións...A GOZAR!!!
22 jun 2016
16 jun 2016
TRÍPTICO COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Chegan as vacacións!!!Tempo de lecer...tempo de ler... aquí tedes unhas recomendacións desde Biblioteca Raticonto!!!
27 may 2016
EVA MEJUTO NA NOSA BIBLIO!!!
Despois da festa houbo tempo para pasares pola biblio e firmar os nosos exemplares....Rati sempre disposto a acompañar e botar unha man!!!
20 may 2016
A TROPA DE TRAPO
A nosa mascota na reprentación de " A viaxe das palabras" por "A Tropa de Trapo"!!!
14 may 2016
13 may 2016
Manuel María estivo aquí...
Aló polo ano 1998, exactamente un 13 de marzo, este centro contou cunha visita moi especial. Tivemos a sorte de que Manuel María, o autor ao que lle adica o Día das nosas letras neste 2016, nos regalase a súa presenza. 28 anos máis tarde sacamos da vitrina dos visitantes ilustres os libros nos que daquela deixou a súa impronta en forma dunhas fermosas adicatorias e levámolos polas clases para que os nenos e nenas puideran gozar deste grande tesouro co que contamos. "Terra Cha", "As rúas do vento ceibe" e "Poemas da labarada estremecida".
MILO E RATI!!!
Hoxe foi o día da homenaxe a Milo, o grande protagonista do vídeo do Olloboi deste curso. Rati, como non, quería estar presente na entrega dun pequeno agasallo a este bo amigo e así posaron xuntos para nós e fixeron as delicias de peques e non tan peques...Grazas Milo!!!
23 abr 2016
22 abr 2016
OS LIBROS SON PARA VALENTES!!!
O SENTIR DE PEDRO FEIJOO NOS BEIZOS DO NOSO ALUMNADO
Chega un díptico ás mans dunha mestra. Ábreo. Comeza a lelo. Séntese atrapada. Gústalle moito. Sorrí. Ao día seguinte plantexa no seu cole a proposta. Todo o mundo se anima. Escóllense dous alumnos de cada curso… Cámara e acción!!!!!
Chega un díptico ás mans dunha mestra. Ábreo. Comeza a lelo. Séntese atrapada. Gústalle moito. Sorrí. Ao día seguinte plantexa no seu cole a proposta. Todo o mundo se anima. Escóllense dous alumnos de cada curso… Cámara e acción!!!!!
10 abr 2016
ÉRICA ESMORÍS
O pasado venres recibimos a esperadísima visita de Érica Esmorís, escritora dentroutros, "Nena e o mar", que tivemos o pracer de leres en 5º e 6º neste curso. Érica, flamante gañadora do Premio Merlín 2015, amosounos a unha autora cercana e disposta a contarnos desde o nome do seu gato, Pepe, pasando por de onde procedían os nomes dos personaxes do seu libro(todos palíndromos agás o da protagonista) ata como era o seu proceso creativo. "Nena e o mar", un libro con banda sonora, unha preciosa canción creada pola parella da escritora, un libro que endexamais esqueceremos, polo seu contido e polo encanto da súa artífice... Grazas, Érica!!!
4 abr 2016
6 mar 2016
COMEZAN AS LECTURAS DE PATIO
Os alumnos e alumnas de 6º estrearon este curso as "Lecturas de patio" . Os venres, na "hora de ler", pasaron polas aulas de 1º e 2º para contar aos máis peques uns títulos especialmente pensados para eles e elas.
24 feb 2016
ROSALÍA PARA O MUNDO!!!
O noso ratiño, hoxe, celebrou o día de Rosalía de Castro traballando moito de carteiro levando as vosas bonitas postais aos lugares e ás persoas que vós decidistes. Coma sempre, moitas grazas pola vosa colaboración, sodes un tesouro!!!
8 feb 2016
Neste desfile animal, Raticonto non podía faltar!!!
Vestido de dálmata, coma os máis pequechos
a disfrutar do desfile saíu...
Que feituco, que marchoso...
este ratiño saleroso!!!
Comandas de Rati
Este noso ratiño como éche moi apañadiño pensou nunhas comandas para animar no entroido ás meniñas e aos meniños!!!
31 ene 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)