Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Mostrar todas las entradas

24 oct 2024

Apadriña un libro

Co gallo da conmemoración do día das bibliotecas escolares, organizamos unha actividade coa que pretendiamos darlle unha segunda vida a libros que tiñamos na nosa biblioteca e que xa non empregabamos.


Fixemos unha boa selección de libros e... cada quen, levou para a súa casiña un libro dos que máis lle gustou.




Os libros da nosa biblio xa teñen un novo fogar!

23 oct 2023

Día das bibliotecas escolares

Esta semana, celébramos o día das bibliotecas escolares, polo que a nosa biblioteca encheuse de exposicións de libro: novos, vellos, interesantes, de imaxes, cómics,... ate das ventás e do teito colgaban libros. E Rati... encantado!















Vide a botar un ollo! Seguro que hai algún que vos gusta!

23 oct 2015

24 de outubro...Exploramos xuntos

Ola a todos e todas! Recordaredes que vos pedimos axuda para elaborar o mural da celebración do Día das Bibliotecas Escolares no que neste curso explorastes xunto coas vosas mascotas...aquí tedes o resultado das vosas pescudas... moitas grazas pola vosa colaboración...sodes xeniais...e moi bos e boas exploradores e exploradoras!!!

28 oct 2014

Rodeados de mates...

O pasado xoves, día 24, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Como xa comentaramos, neste curso o lema era "Biliotecas escolares...matemático!" As seguintes imaxes mostran como quedou de chulo o mural,presidido por un Raticonto matemático, como non podía ser doutro xeito, que fixemos coas fotografías que trouxestes das vosas casas rodeados de realidades matemáticas. Desde aquí o noso agradecemento ás familias pola inestimable axuda para levar a cabo esta actividade da que tanto disfrutaron os cativos e cativas.

20 oct 2014

Biblioteca...matemática.

Ola nenos e nenas!
 Sabedes que esta semana se celebra o Día das Bibliotecas escolares?
 Pois ben, para celebralo por todo o alto estamos a elaborar o mural coas vosas fotografías rodeados de realidades matemáticas e coa compaña de Raticonto ataviado para a ocasión...e, na Biblio, podedes atopar libros que teñen títulos ou contidos relacionados coas matemáticas... animámosvos a que busquedes outros e os coloquedes na estantería que habilitamos a tal fin...xogades?



10 dic 2013

EXPOSICIÓN TRABALLOS PERSONAXES DE CONTO.

AQUÍ TEDES AS FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN QUE FIXEMOS COS VOSOS TRABALLOS SOBRE OS PERSONAXES DE CONTO. BEN SABEMOS QUE VOS GUSTOU MOITO E QUE A DISFRUTASTES PERO, VOMO CHEGA O NADAL, CÓMPRE RETIRALA E, COMO DESEXAMOS QUE VOS QUEDE O GRATO RECORDO DE TER PARTICIPADO NELA, PENSAMOS EN AMOSARVOS NO BLOGUE O QUE ELABORASTES POR CURSOS, ASÍ, SEMPRE QUE QUEIRADES, PODEREDES DESFRUTAR DOS VOSOS DEBUXOS E DOS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. DE NOVO QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA PARTICIPACIÓN.
 GRAAAAZAS!!!


 

PERSONAXES CONTOS 6º B

OS NENOS E AS NENAS DE 6º B ELIXIRON...

 

PERSONAXES DE CONTOS DE 6º A

PERSONAXES DE CONTO...6º A

PERSONAXES DE CONTOS 5º B

OS NENOS E NENAS DE 5º B ELIXIRON...

PERSONAXES CONTOS 5º A

PERSONAXES DE CONTOS PREFERIDOS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º A



PERSONAXES CONTOS 4º B

PERSONAXES DE CONTOS DOS NENOS E NENAS DE 4º B

PERSONAXES DE CONTOS 4º A

PERSONAXES FAVORITOS DE 4º A



PERSONAXES DE 3º B

PERSONAXES DE CONTOS ELIXIDOS POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º B.

PERSONAXES CONTO 3º A

PERSONAXES DE CONTOS DE 3º A