No centro temos dúas estanterías
coma esta: unha para uso de 1º,2º,3º e 4º curso de Ed. Primaria, e outra para 5º e 6º curso de Ed. Primaria.
Están ubicadas na planta baixa nos accesos aos corredores destes cursos. O
“lema” está expresado tamén con pictogramas.
A función das estanterías é que o alumnado que durante o recreo leve un
libro en préstamo, o poida deixar nestas estanterías e saír directamente ao
patio sen necesidade de entrar de novo na aula. Unha vez rematado o recreo, ó
volver á aula pasaría por diante da estantería e o recollería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario