25 oct 2013

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

O día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Os máis peques do colexio, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil recibiron un agasallo con tal motivo; unha mochila para poidan levar e traer os libros de préstamo. Aquí os tedes on cadansúa mochiliña laranxa, cortesía da Asesoría de Bibliotecas de Galicia. Estamos seguros de que lle van dar moito uso.

 

Un ratibico para todos e todas.

8 oct 2013

BENVIDA DE RATICONTO

OLA NENOS E NENAS!!!XA CÁSEQUE LEVAMOS UN MES DE COLE E EU AÍNDA SEN APARECER POLO BLOGUE. POIS BEN, AQUÍ ESTOU, ESPERO QUE NON PENSARADES EN QUE ME ÍA OLVIDAR DE RECIBIRVOS COMO É DEBIDO. RATIBICOS PARA TODOS E TODAS. VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

4 oct 2013

COLABORADORES CURSO 2013-2014

Ola a todos e todas! Xa empezou un novo curso en con el o préstamo na Biblioteca. Este ano, como vén sendo habitual, os alumnos e alumnas de 6º van colaborar connosco cada día no recreo. Queremos darlles un enorme GRAAAAAAAZAS!!! por tanta voluntariedade. Estamos seguros de que o farán moi ben. O venres pasado tivemos unha reunión para comentar o cometido do traballo a realizar. Mirade que atentos e atentas estaban todos e todas...así dá gusto!!!

26 jun 2013

Lectores e Lectoras Olímpicos e Olímpicas 2012-2013

Presentámosvos os Lectores e Lectoras Olímpicos deste curso. Fíxose entrega dun Diploma Medalla de Ouro para cada aula de E.I. que recolleron as titoras, e en E.P. Diploma Medalla de Ouro e un pequeno agasallo para os e as alumnos e alumnas que máis leron de cada curso, Diploma Medalla de Prata e un chuche, e Diploma Medalla de Bronce e unha lambetada. Aquí tedes as fotografías do momento. Parabéns! Non perdades os bos costumes.

 

Tamén houbo un momento moi especial para despedir e agradecerlles a súa gran labor aos axudantes da biblioteca deste curso. 

Grazas mozos e mozas, sen vós a Biblioteca Raticonto non sería a mesma!




 Despois da entrega de Diplomas, Nuria, a Coordinadora de Biblioteca amosou a adicatoria que nos deixou Pepe Carreiro cando nos visitou o pasado 11 de xuño. Quedará na Biblioteca Raticonto como recordo daquela entrañable mañá. 

Grazas Pepe Carreiro! 


20 jun 2013

Lecturas recomendadas para este verán


         Ola a todos e todas,
         xa están aquí as lecturas que seleccionei para as vacacións de verán. Espero que vos gusten. Disfrutade moito e lede moito! Lembrade que hai tempo para todo.
FELIZ VERÁN!
Ratibicos con sabor a queixo!
Asdo. Raticonto.


Raticonto invita a Pepe Carreiro

O pasado 11 de xuño tivemos a sorte de compartir a mañá con Pepe Carreiro, unha persoa moi cercana e amena, creador de Os Bolechas (eses personaxes tan entrañables para todos nós).
         Contounos algunha cousiña da súa vida, como que dende pequeno debuxaba o que vía no bar dos seus pais, e que –por sorte para todos os nenos e nenas - con 20 anos empezou a traballar como profesional do debuxo.
         Explicounos cómo debuxa os seus personaxes, a importancia da perspectiva (de frente, de perfil, de costas), e que as proporcións dos mesmos dependen do que prefira cada debuxante (1 cabeza, 7 cabezas). 
         E unha curiosidade: fixástesvos algunha vez que o embigo de Os Bolechas ten a forma do número 6?
         Esperamos que os rap cos que o agasallamos lle gustaran tanto como ao noso alumnado facelos (soan de fondo durante o video!).
         Pois ben, co video veredes o ben que nolo fixo pasar. Deixounos  unha bonita adicatoria e posou con nós para as fotos. Mirade ben!


Exposición “Reutilizamos”




Este é o xoguete  que fixo Raticonto para a exposición de traballos con material de refugallo que organizou o Equipo de Extraescolares.
         Estás en todo Raticonto!