O pasado 11 de xuño tivemos a sorte de compartir a mañá con
Pepe Carreiro, unha persoa moi cercana e amena, creador de Os Bolechas (eses personaxes tan entrañables para todos nós).
Contounos
algunha cousiña da súa vida, como que dende pequeno debuxaba o que vía no bar
dos seus pais, e que –por sorte para todos os nenos e nenas - con 20 anos
empezou a traballar como profesional do debuxo.
Explicounos
cómo debuxa os seus personaxes, a importancia da
perspectiva (de frente, de perfil, de costas), e que as
proporcións dos mesmos dependen do que prefira cada debuxante (1 cabeza, 7
cabezas).
E
unha curiosidade: fixástesvos algunha vez que o embigo de Os Bolechas ten a
forma do número 6?
Esperamos
que os rap cos que o agasallamos lle gustaran tanto como ao noso alumnado facelos
(soan de fondo durante o video!).
Pois
ben, co video veredes o ben que nolo fixo pasar. Deixounos unha bonita adicatoria e posou con nós para
as fotos. Mirade ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario