30 ene 2015
23 dic 2014
14 dic 2014
Raticonto recomenda lecturas para o Nadal 2014-2015
Aquí tedes o tríptico coas recomendacións de lectura para este Nadal, acompañadas dunha carta de Raticonto.
13 nov 2014
2 nov 2014
28 oct 2014
Rodeados de mates...
O pasado xoves, día 24, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.
Como xa comentaramos, neste curso o lema era "Biliotecas escolares...matemático!"
As seguintes imaxes mostran como quedou de chulo o mural,presidido por un Raticonto matemático, como non podía ser doutro xeito, que fixemos coas fotografías que trouxestes das vosas casas rodeados de realidades matemáticas.
Desde aquí o noso agradecemento ás familias pola inestimable axuda para levar a cabo esta actividade da que tanto disfrutaron os cativos e cativas.
20 oct 2014
Biblioteca...matemática.
Ola nenos e nenas!
Sabedes que esta semana se celebra o Día das Bibliotecas escolares?
Pois ben, para celebralo por todo o alto estamos a elaborar o mural coas vosas fotografías rodeados de realidades matemáticas e coa compaña de Raticonto ataviado para a ocasión...e, na Biblio, podedes atopar libros que teñen títulos ou contidos relacionados coas matemáticas... animámosvos a que busquedes outros e os coloquedes na estantería que habilitamos a tal fin...xogades?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)