25 nov 2013

NOVOS IDENTIFICADORES PARA OS COLABORADORES E COLABORADORAS DA BIBLIOTECA.

Os alumnos e alumnas de 6º nivel, que neste curso colaboran na biblioteca, estrearon hoxe identificadores novos xa que os que tiñan estaban bastante estropeados.

10 nov 2013

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013

O PASADO 26 DE OUTUBRO CELEBROUSE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES QUE NESTE CURSO NA NOSA COMUNIDADE TIÑA COMO LEMA: "LER CIENCIA". ASÍ QUE PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA AMBIENTAR A ENTRADA. ASÍ QUEDOU. ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

OLA NENOS E NENAS!!! PARA OS QUE NON PASASTES POLA BIBLIOTECA POLO SAMAÍN E PARA OS QUE SI O FIXESTES...UNHAS FOTOS DE RECORDO.


 

25 oct 2013

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

O día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Os máis peques do colexio, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil recibiron un agasallo con tal motivo; unha mochila para poidan levar e traer os libros de préstamo. Aquí os tedes on cadansúa mochiliña laranxa, cortesía da Asesoría de Bibliotecas de Galicia. Estamos seguros de que lle van dar moito uso.

 

Un ratibico para todos e todas.

8 oct 2013

BENVIDA DE RATICONTO

OLA NENOS E NENAS!!!XA CÁSEQUE LEVAMOS UN MES DE COLE E EU AÍNDA SEN APARECER POLO BLOGUE. POIS BEN, AQUÍ ESTOU, ESPERO QUE NON PENSARADES EN QUE ME ÍA OLVIDAR DE RECIBIRVOS COMO É DEBIDO. RATIBICOS PARA TODOS E TODAS. VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

4 oct 2013

COLABORADORES CURSO 2013-2014

Ola a todos e todas! Xa empezou un novo curso en con el o préstamo na Biblioteca. Este ano, como vén sendo habitual, os alumnos e alumnas de 6º van colaborar connosco cada día no recreo. Queremos darlles un enorme GRAAAAAAAZAS!!! por tanta voluntariedade. Estamos seguros de que o farán moi ben. O venres pasado tivemos unha reunión para comentar o cometido do traballo a realizar. Mirade que atentos e atentas estaban todos e todas...así dá gusto!!!