4 mar 2013
23 feb 2013
Parabéns a Fina Casalderrey
Co motivo do recente nomeamento da escritora galega de L.I.X. (Literatura Infantil e Xuvenil) Fina Casalderrey como Membro Numerario da Real Academia Galega, o Ceip Coirón-Dena quere sumarse á felicitación dende as Bibliotecas Escolares por dito nomeamento. O seu labor polo fomento e uso da Lingua Galega merece o recoñecemento de todos e todas nós. Seguiremos a crear pequenos lectores e pequenas lectoras cos teus textos.
Parabéns, Fina!
7 feb 2013
"Ratiantroido"
En colaboración co Equipo de Estraescolares, un ano máis Raticonto indícanos o que temos que traer cada día na semana do Antroido. Este ano disfrazarémonos de CHOQUEIROS, para aproveitar roupa vella e/ou pasada de moda e axustándonos ao tema deste ano do PDI "Coidamos o noso entorno"
A que está favorecida a nosa mascota! Feliz Antroido 2013 a todos/as!
Nota: As imaxes da festa estarán colgadas no Ceip Coirón en Imaxes
1 feb 2013
5 ene 2013
Tríptico do 1º Trimestre
O noso Tríptico do 1º trimestre contén:
Un resumo de actividades realizadas polo Equipo de Biblioteca, unha serie de lecturas recomendadas por ciclos para amenizar o tempo de lecer do noso alumnado e a colorida Postal de Raticonto felicitando as festas.
Temos unha mascota que pensa en todo e en tod@s!
BO NADAL!
Un resumo de actividades realizadas polo Equipo de Biblioteca, unha serie de lecturas recomendadas por ciclos para amenizar o tempo de lecer do noso alumnado e a colorida Postal de Raticonto felicitando as festas.
Temos unha mascota que pensa en todo e en tod@s!
BO NADAL!
Nadal na Biblioteca Raticonto
E para rematar o trimestre, Raticonto quixo compartir co alumnado e profesorado do noso centro esta decoración, tan acorde coas datas que celebraremos nos vindeiros días. Aproveitamos a ocasión, o Equipo de Biblioteca e Raticonto, para desexarvos a tod@s unhas moi doces "Ratifestas" e un Próspero Ani Novo 2013!
Vémonos á volta!
Ratibicos
Vémonos á volta!
Ratibicos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
