15 nov 2024

Mmm... galletas da fortuna!

Os raparigos e raparigas de cuarto de primaria están a traballar arreo para aprender moitas cousiñas sobre Xapón, as cales terán que máis adiante expoñer a todos e todas os nenos e nenas do cole.





















E Rati agasallounos cunha sorpresa deliciosaaa... galletas da fortuna!







Mmm! Que rico Rati!

8 nov 2024

A aventura continúa en... Xapón!

Despois da grande viaxe de Rati a Marrocos, o noso rato lector favorito volveu desaparecer, pero onde se metería?


Nin máis nin menos que en Xapón...



E o alumnado de 4º de primaria será o encargado facer o estudo exhaustivo deste país...

Mans á obra rapaces!

30 oct 2024

Un samaín de medooo!

Achégase unha das datas favoritas de todos e todas no CEIP Coirón - Dena: O SAMAÍN!

Na biblio de Rati, temos unha selección  chulísima de libros de Samaín - Halloween...

...e o día de celebración de Halloween, a profe Chus, a teacher Alba e o profe Manuel, foron os encargados de contarnos a todos e todas uns fantásticos pero terroríficos contos de Samaín.



Que medooo!

28 oct 2024

Que aprendemos de Marrocos?

O alumnado de 6º de Educación Primaria foi o encargado de contarnos a todos e todas aquelas cousas máis interesantes que aprenderon sobre Marrocos, polo que traballaron arreo durante moitos días...

Reunímonos todo o cole no salón de actos e alí expuxéronnos datos tan interesantes como o traxe típico, comidas, vivendas, arte... marroquí!














E para rematar, deleitáronnos cun fantástico baile!

Parabéns a todos e todas os/as alumnos e alumnas de 6º porque o fixeron fenomenal!

24 oct 2024

Apadriña un libro

Co gallo da conmemoración do día das bibliotecas escolares, organizamos unha actividade coa que pretendiamos darlle unha segunda vida a libros que tiñamos na nosa biblioteca e que xa non empregabamos.


Fixemos unha boa selección de libros e... cada quen, levou para a súa casiña un libro dos que máis lle gustou.




Os libros da nosa biblio xa teñen un novo fogar!

7 oct 2024

A voltas con Rati

Como sabedes este curso Rati anda a viaxar por todo o mundo para permitirnos ao alumnado, profesorado e familias, facer viaxes inesquecibles polo mundo adiante a un custo cero, simplemente deixando voar a nosa imaxinación.

Para elo, a nosa biblio, ten unha boa selección de libros relacionadas coas viaxes para o uso e desfrute de todos e todas.






Esperamos que vos gusten! Estade atentos e atentas que seguro que chegarán máis!