1 oct 2024
Agora si... comeza a aventura!
Despois da aparición de Rati, voltaron aparecer nas aulas follas de "Biblionovas". Botade unha ollada...
...animádesvos a aprender cousiñas de Marrocos? A viaxar polo mundo adiante cun custo cero?
Pois...agora si! Comeza a aventura!
26 sept 2024
Na procura de Rati
Despois de tanta espera e non ter novas del, no CEIP Coirón - Dena, decidiuse convocar unha comisión de cazarratos lectores...
E deu o seu froito... aí estaba Rati! Recén chegadiño dende o mesmísimo Marrocos!
23 sept 2024
Seguimos sen novas de Rati
Pasan os días e a comunidade educativa do CEIP Coirón - Dena segue sen novas de Rati. Que será del? Que pasaría? Onde estará? Esta e mil preguntas inundan todos os recunchos do noso cole, pero, non hai novas ao respecto...
Rati onde estás? Volve ao noso cole...
18 sept 2024
Ratiii... onde estás?
O noso cole e a nosa biblio está baleira... o noso benquerido Rati non aparece por ningures... os corredores do noso cole está cheos de carteis...
Polo tanto, mentres o noso rato lector favorito apareza, a biblio permanecerá pechada...
Se alguén o ve por algún lugar... que nolo faga saber!
13 sept 2024
Onde está Rati?
Comezamos o curso, pero o noso amigo Rati non aparece por ningures. Onde estará?
Polas clases apareceron "Biblio Novas" nas que se nos transmitía a preocupación pola desaparición de Rati...
...se alguén ten novas de Rati, que nolo faga saber, por favor?
12 sept 2024
Benvid@s ao novo curso escolar 2024-2025
Despois de tantas vacacións...
...xa é hora de voltar ao cole!
Temos todo preparado pero...
...onde está Rati?
???

.png)
.png)

.png)











.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)

