21 jun 2022

Ratilector@s do ano

Repartimos os premios @s mellores Ratilector@s deste curso

1 / 5
Emma
2 / 5
Hugo
3 / 5
Iria
4 / 5
Darío
5 / 5
Érika

12 jun 2022

Ratinovas Press 2022

Raticonto trae novas frescas!! Xa temos aquí a quinta edición da nosa revista escolar. Vén chea de recordos e imaxes dos mellores momentos deste curso que remata. 

Se queredes vela a pantalla completa so tedes que premer sobre a imaxe que aparece a continuación. 

Esperamos que vos guste moito!

29 mar 2022

Visita de Andrea Maceiras

Estes días, os e as chicos e chicas de 6º, recibimos á escritora Andrea Maceiras, autora do libro " A folla azul", que tivemos o gustazo de leres no primeiro trimestre e, flamante gañadora do Premio Merlín 2021. Unha charla distendida sobre a importancia da Natureza e o coidado do planeta e das persoas que nel habitan. Grazas Andrea, volve cando queiras que serás ben recibida!

17 mar 2022

VISITAS ILUSTRES

Despois de tanto tempo sen poder recibir no cole ás creadoras e creadores das nosas lecturas favoritas, demos a benvida, hai poucos días, a Miguel López e María Canosa que viñeron falarnos das súas publicacións, "Feliz Feroz" e "As pombas de Bastián". Alumnado de 2º e 4º feliz de gozar dunha compaña tan esperadae ilustre.

12 mar 2021

Ratinovas Press 2021

Atención!! Xa está aquí!! Xa chegou unha nova edición de Ratinovas Press!
Para vela á pantalla completa só debedes clicar sobre a imaxe que tedes a continuación.
Esperamos que vos guste moito!!