Xa queda pouco para o gran día pero para ir abrindo boca comezamos polo entrañable encontro entre a primeira promoción de EXB do colexio e o seu profesorado.
Habilitado o espazo da entrada do centro, un espazo para o recordo e tamén para as adicatorias.
De alumna a alcadesa
Un novo curso e aquí estamos unha vez máis.
As e os nenas e nenos de segundo todas e todos contentas e contentos cos nosos carnés que nos permitirán a partires de agora gozar do autoempréstito na biblioteca.
As visitas guiadas que nos permiten recordar como funciona a nosa biblio e as normas que hemos cumprir nela.
E, como non, as e os nosas e nosos colaboradoras e colaboradores que, altruistamente, nos ceden parte do seu tempo para botarnos unha man. Un labor encomiable, grazas chicas e chicos pola vosa axuda desinteresada!!!
1º Programa de radio do alumnado do Ceip Coirón Dena con diversas seccións (entrevistas, humor, música, deportes...). O equipo de redacción preparou con moito agarimo este programa especial no que se tratan contidos relacionados coas nosas letras e a nosa lingua. Para escoitalo só debedes premer na frechiña do reprodutor:
Neste ano cúmprese o 50 aniversario da publicación do poemario do ilustre escritor Manuel María, "Os soños na gaiola",a nosa homenaxe recreando a súa creación e entonando un sentido "Parabéns para ti"...