10 abr 2016

ÉRICA ESMORÍS

O pasado venres recibimos a esperadísima visita de Érica Esmorís, escritora dentroutros, "Nena e o mar", que tivemos o pracer de leres en 5º e 6º neste curso. Érica, flamante gañadora do Premio Merlín 2015, amosounos a unha autora cercana e disposta a contarnos desde o nome do seu gato, Pepe, pasando por de onde procedían os nomes dos personaxes do seu libro(todos palíndromos agás o da protagonista) ata como era o seu proceso creativo. "Nena e o mar", un libro con banda sonora, unha preciosa canción creada pola parella da escritora, un libro que endexamais esqueceremos, polo seu contido e polo encanto da súa artífice... Grazas, Érica!!!

6 mar 2016

COMEZAN AS LECTURAS DE PATIO

Os alumnos e alumnas de 6º estrearon este curso as "Lecturas de patio" . Os venres, na "hora de ler", pasaron polas aulas de 1º e 2º para contar aos máis peques uns títulos especialmente pensados para eles e elas.

24 feb 2016

ROSALÍA PARA O MUNDO!!!

O noso ratiño, hoxe, celebrou o día de Rosalía de Castro traballando moito de carteiro levando as vosas bonitas postais aos lugares e ás persoas que vós decidistes. Coma sempre, moitas grazas pola vosa colaboración, sodes un tesouro!!!

8 feb 2016

Neste desfile animal, Raticonto non podía faltar!!!

Vestido de dálmata, coma os máis pequechos a disfrutar do desfile saíu... Que feituco, que marchoso... este ratiño saleroso!!!

Comandas de Rati

Este noso ratiño como éche moi apañadiño pensou nunhas comandas para animar no entroido ás meniñas e aos meniños!!!