24 abr 2014

A ÁRBORE DAS PALABRAS BONITAS.

COMO XA SABEDES, ONTE, 23 DE ABRIL CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. CON TAL MOTIVO NO ESPAZO LECTOR FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE ADICADA A QUE TODOS E TODAS PARTICIPARADES DESA DATA TAN IMPORTANTE COA ELABORACIÓN DA "ÁRBORE DAS PALABRAS BONITAS". AS FOTOS QUE VEREDES A CONTINUACIÓN SON A PLASMACIÓN DO VOSO TRABALLO. XA SABEMOS QUE NON ESTADES TODOS E TODAS, PERDOADE PERO É QUE SODES MOITOS E NON DEU TEMPO A FACER MÁIS INSTANTÁNEAS. O EQUIPO DA BIBLIOTECA E O RATICONTO QUEREN MANIFESTARVOS O SEU AGRADECEMENTO POLA VOSA COLABORACIÓN E DICIRVOS QUE SOMOS AFORTUNADOS DE CONTAR CUN ALUMNADO SEMPRE DISPOSTO A BOTAR UNHA MAN NAS TAREFAS QUE SE LLE ENCOMENDAN. PARAFRASEANDO A RATICONTO "GRAZAS, GRACIAS, THANKS".


2 abr 2014

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA CELEBROU CON TODOS O NENOS E NENAS DO COLEXIO ESTE DÍA. OS GLOBOS DE COR AZUL DECORARON OS NOSOS ESPAZOS E OS NOSOS CORAZÓNS.

18 mar 2014

RECITANDO A ROSALÍA

Os alumnos e alumnas de Primaria recitan algún dos poemas máis coñecidos da ilustre escritora Rosalía de Castro.

24 feb 2014

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.

Hoxe, na Biblioteca Raticonto, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Aínda estamos a preparar máis actividades. De momento este vídeo amósavos algo do que fixemos neste día tan sinalado.

20 feb 2014

DROMEDARIO NA BLIBIOTECA

Xa sabemos que pasou moito tempo desde a celebración do Nadal. Pero é que se nos esquecera mostrarvos as fotografías que a profe Lorena lle fixo aos peques de Infantil, nunha das súas moitas visitas á Biblioteca de Raticonto,disfrutando do dromedario cargado de agasallos que andaba e que aínda anda polo espazo lector. Aí os e as tedes. Ratibicos para todos e todas!!!

6 feb 2014

Raticonto celebra o Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz.O noso amigo Raticonto quixo celebralo con todos vós e así o fixo...