16 dic 2012

A "Ratienquisa"

Esta é a breve Ratienquisa que lle fixemos ao noso alumnado con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, para coñecer a súa opinión sobre a Biblioteca e axudarnos a mellorala.

 Grazas a tod@s por participar!


Ratienquisa

Raticonto sabe cantos libros liches este curso...

Lembrade traer con vós cada vez que devolvades un libro esta plantilla. Só así vos poderán poñer un gomet na casiña correspondente. Cantos máis libros leades, mellor, pero tende en conta que unha boa lectura é aquela na que comprendemos o que lemos. Ler de corrido non ten sentido. Descubride o pracer de ler, cada libro é unha viaxe ao descoñecido e un gran amigo. Esperámoste na Biblioteca Raticonto!"
Plantilla: lecturas de cada alumno

Clasificación dos fondos documentais na nosa biblioteca

Esta é a actualización da clasificación e distribución dos fondos documentais dos que dispoñemos na nosa Biblioteca Raticonto. Mirade que sinxelo!" Clasificación dos fondos documentais

25 oct 2012

Díptico para os colaboradores da Biblioteca Raticonto

Este é o díptico que lle entregamos aos nosos colaboradores da Biblioteca Raticonto. Todos debemos ter claro as nosas funcións.
Graciñas polo gran traballo que facedes!

  Folleto axudantes

6 oct 2012

Colaboradores/as do novo curso

Aquí tedes os novos colaboradores/as deste curso. Seguro que o farán xenial!
 Grazas mozos e mozas polo voso traballo na Biblioteca de Raticonto!

fotografía dos alumnos/as que este ano colaborarán nas tarefas de préstamo da Biblioteca