Esta é a breve Ratienquisa que lle fixemos ao noso alumnado con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, para coñecer a súa opinión sobre a Biblioteca e axudarnos a mellorala.
Lembrade traer con vós cada vez que devolvades un libro esta plantilla. Só así vos poderán poñer un gomet na casiña correspondente. Cantos máis libros leades, mellor, pero tende en conta que unha boa lectura é aquela na que comprendemos o que lemos. Ler de corrido non ten sentido. Descubride o pracer de ler, cada libro é unha viaxe ao descoñecido e un gran amigo. Esperámoste na Biblioteca Raticonto!" Plantilla: lecturas de cada alumno
Esta é a actualización da clasificación e distribución dos fondos documentais dos que dispoñemos na nosa Biblioteca Raticonto.
Mirade que sinxelo!" Clasificación dos fondos documentais
Este é o díptico que lle entregamos aos nosos colaboradores da Biblioteca Raticonto. Todos debemos ter claro as nosas funcións.
Graciñas polo gran traballo que facedes!