5 oct 2026

Mochilas viaxeiras

✨ Comezamos coa nosa Mochila Viaxeira! ✨

Hoxe iniciamos unha nova aventura chea de aprendizaxes, emocións e momentos compartidos. A mochila viaxeira viaxará cada semana a un fogar diferente, converténdose nun espazo de encontro entre escola e familia.

📚 Por que a usamos?
A súa finalidade é fomentar o gusto pola lectura, o achegamento aos idiomas, a creatividade e o diálogo familiar. É unha ferramenta que une, que abre portas e que crea recordos.

🎒 Que atoparedes dentro?
• Un libro en galego, para seguir fortalecendo a nosa lingua.
• Un libro en español e outro en inglés, para ampliar horizontes e descubrir novas historias.
• Un xogo para pasar un bo intre en familia.

💭 Espazo de reflexión
Ao final, atoparedes unha folla para que o alumnado e familias poidades escribir ou debuxar como foi a experiencia: que vos gustou máis, que descubríchedes, que vos fixo sorrir… Queremos escoitar as vosas voces!

Grazas por formar parte deste camiño compartido. A mochila xa está lista… Boas viaxes e boas lecturas! ✨📖



21 sept 2026

PDI: Pasiño a pasiño, xunt@s facemos o camiño

 🥾🌿 PASIÑO A PASIÑO, XUNT@S FACEMOS O CAMIÑO 🌿🥾

Este curso, no CEIP Coirón-Dena, emprendemos unha nova aventura! 🎒✨

O noso PDI deste ano chámase “Pasiño a pasiño, xunt@s facemos o camiño” e terá como protagonista o Camiño de Santiago, aproveitando a chegada do Ano Santo Xacobeo 2027. ⛪️🌟

Ao longo do curso descubriremos o Camiño desde diferentes perspectivas: a súa historia, cultura, arte, patrimonio, natureza, tradicións… e tamén reflexionaremos sobre a importancia de practicar un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente, co patrimonio e coas persoas. 🌱💚

📚 E desde a biblioteca… comeza o reto!

Periodicamente, a biblioteca lanzará un reto ou pregunta que quedará exposto no corcho da biblioteca. 🧩🔎
Cada ciclo terá que investigar, pensar, buscar información e traballar en equipo para atopar a resposta.

🎒 E como saberemos que o conseguimos?

Cada vez que un ciclo resolva correctamente un reto, conseguirá un novo selo na súa Credencial de Peregrino: unha caritiña de Raticonto, o noso compañeiro de viaxe! 🐭🥾✨

E así, reto a reto, pasiño a pasiño, iremos avanzando polo noso propio camiño. 🗺️👣

🎪 E para pechar esta gran aventura…

No mes de maio celebraremos a nosa FEIRA DO PEREGRINO, na que poderemos compartir e expoñer todo o que fomos creando, investigando e aprendendo ao longo do curso. 🎨📚🌿

Porque neste camiño non importa só chegar á meta… importa todo o que aprendemos e compartimos mentres camiñamos. ❤️

🥾 Pasiño a pasiño… xunt@s facemos o camiño!
🐭 Raticonto xa está preparado. E vós?





21 jun 2026

Voluntariado da biblioteca

📚🏅  Recoñecemento ao noso voluntariado da biblioteca 🏅📚

Durante este curso escolar, o alumnado de 6º participou como voluntariado da biblioteca, demostrando compromiso, responsabilidade e unha grande disposición para axudar.

Grazas á súa colaboración, a biblioteca converteuse nun espazo máis organizado, acolledor e dinámico para toda a comunidade educativa. O seu traballo diario, a súa implicación e as súas ganas de colaborar foron fundamentais para o bo funcionamento deste recuncho tan especial do centro.

Para agradecer todo o esforzo realizado, fixémoslles entrega dun diploma de recoñecemento pola súa axuda e dedicación ao longo do curso. Un pequeno detalle para valorar unha gran labor.

👏 Parabéns e moitas grazas por ser exemplo de compañeirismo, responsabilidade e amor polos libros e a lectura.

Levaredes convosco este diploma, pero tamén a satisfacción de ter contribuído a facer da nosa biblioteca un lugar mellor.

💙📖 Grazas por todo, voluntariado de 6º!



A orquesta de Camarote

🎻📚✨ A música e a lectura déronse a man no CEIP Coirón-Dena. 🎻📚✨

Dentro do programa “Lectura e Familias”, gozamos da fermosa interpretación do conto infantil musicado “A orquestra de Camarote”, da man de Damián Alonso @sondamianalonso coa música de Moisés Lorenzo.

Unha experiencia chea de emoción, imaxinación e melodías que conquistou a pequenos e maiores, demostrando unha vez máis o poder dos contos para unir ás familias arredor da lectura e da cultura.

Grazas aos artistas por compartir connosco esta viaxe musical tan especial e a todas as familias pola súa participación.

🎶📖 Porque ler tamén é escoitar, sentir e soñar.🎶📖


Para veres máis imaxes, pinchade na seguinte ligazón: https://www.instagram.com/p/DZrf19KjIw_/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

4 jun 2026

Recomendacións lectoras Verán

Compartimos unha selección de recomendacións lectoras de verán e xogos educativos dirixidas a todo o alumnado do centro, organizadas por ciclos.

📌 Nas imaxes que acompañan esta publicación podedes consultar todas as propostas.

☀️ O verán é un momento ideal para ler sen présas, xogar en familia e seguir aprendendo dun xeito lúdico e divertido.

📖🎲 Animámosvos a botarlle unha ollada ás recomendacións e desfrutar dun bo verán cheo de historias e xogos.

📌 Bo verán e boas lecturas!










Obradoiro Dobraxe

🎙️📚 Dentro do programa “Lectura e Familias”, o pasado martes tivemos a oportunidade de gozar dun fantástico obradoiro de dobraxe dirixido por Damián Alonso, no que participaron os nenos e nenas e as súas familias do terceiro ciclo do noso centro.

Ao longo da actividade, descubrimos os segredos do mundo da dobraxe, puxemos voz a diferentes personaxes e vivimos unha experiencia divertida, creativa e moi enriquecedora. Unha forma diferente de achegarnos á lectura, á interpretación e á comunicación en familia.

Grazas a Damián Alonso @sondamianalonso pola súa profesionalidade e entusiasmo, e a todas as familias participantes por compartir connosco esta xornada tan especial. 🐭


Para veres máis imaxes, pinchade na seguinte ligazón:


13 may 2026

COIRÓN SHOW

O alumnado de 2º ciclo sorprendeunos cunha fantástica representación teatral dentro da exposición do noso PDI. Un traballo cheo de creatividade, esforzo, aprendizaxe e ilusión que permitiu amosar todo o traballado ao longo do proxecto. 👏🎬

Actuar, expresarse, traballar en equipo, perder a vergoña e aprender facendo… porque cando a aprendizaxe cobra vida, convértese nunha experiencia inesquecible. 💫

Parabéns ao noso alumnado polo gran traballo realizado! 
Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste momento tan especial:

12 may 2026

Obradoiro Lettering

Dentro do programa “Lectura e Familias” vivimos unha tarde moi especial compartindo creatividade, aprendizaxe e tempo en familia. 📚💛

O alumnado do 2º ciclo participou xunto coas súas familias nun fermoso obradoiro de lettering dirixido por @albafarto , no que puidemos descubrir técnicas, experimentar coa caligrafía creativa e, sobre todo, gozar creando xuntos. ✍️🎨

Grazas a todas as familias pola súa participación e implicación, facendo posible momentos tan enriquecedores coma este. 😊


Para ver máis imaxes deste obradoiro, facede click na seguinte ligazón:

24 abr 2026

Semana do Libro

📚✨ Semana do Libro no CEIP Coirón-Dena ✨📚

Esta semana vivimos momentos moi especiais no noso cole grazas á celebración da Semana do Libro. Queremos destacar o incrible traballo do noso alumnado voluntario de 6º de primaria, que se implicou con ilusión e responsabilidade para facer desta experiencia algo inesquecible.

Organizaron e levaron a cabo sesións de contacontos cheas de maxia, creatividade e emoción, facendo gozar aos máis pequenos e fomentando o amor pola lectura 📖

Ademais, creamos unhas fermosas ás colectivas 🪽 nas que cada pluma recolle o conto favorito de cada alumno e alumna. Unha maneira simbólica de amosar como os libros nos fan voar, imaxinar e medrar xuntos.

Grazas a todo o alumnado participante por facelo posible! 🐭










Para ver máis imaxes sobre a Semana do Libro no cole, facede click na seguinte ligazón:



23 abr 2026

RecreARTe

📚✨ No CEIP Coirón-Dena celebramos o Día do Libro dunha maneira moi especial! ✨📚

O noso alumnado converteuse por un día nos protagonistas das súas historias favoritas recreando as portadas dos libros que máis lles gustan 📖🎭. Con moita creatividade, imaxinación e ilusión, cada neno e nena posou xunto ao libro escollido, dando vida aos personaxes e escenas que tanto os fan soñar.

Foi unha actividade chea de cor, lectura e diversión, na que descubrimos novos libros e compartimos o amor polas historias 📚❤️

Parabéns a todo o alumnado e ás familias pola vosa implicación e polas recreacións tan incribles! 👏✨


26 mar 2026

Visita Eva Mejuto

Hoxe foi unha mañá diferente, na que o alumnado de infantil e do segundo ciclo de primaria gozou dunha visita moi especial!

Eva Mejuto visitou a biblioteca Raticonto para enchela de historias, imaxinación e momentos inesquecibles que fixeron voar a creatividade de todos os nenos e nenas! 🐭 ✒️


Para ver imaxes desta visita, facede click no seguinte enlace:


23 mar 2026

Visita Fina Casalderrey

Hoxe, na biblioteca Raticonto, tivemos o pracer de contar coa visita de Fina Casalderrey. ✍️

O alumnado do terceiro ciclo estivo lendo “O xenio da cidade do sal” e hoxe, xunto coa súa autora, comentárono e escoitaron algunha que outra aventura que os deixou abraiados.

Xa que o libro fala de Mozart, algúns dos nenos e nenas de 5º e 6º decidiron deleitarnos cunhas pezas musicais deste famoso compositor.

Moitas grazas pola túa visita, @fina.casalderrey.arume

Coidamos verte pronto! 🐭


Para ver imaxes desta visita, facede click no seguinte enlace:

12 mar 2026

Visita Ramón D. Veiga

Hoxe tivemos a gran sorte de contar na nosa biblioteca Raticonto coa visita de Ramón D. Veiga. ✍️

O alumnado do primeiro ciclo de Primaria estivo lendo “Chove!” e puideron comentalo co seu autor.

Risas, dúbidas, comentarios, firma de libros, agasallos… todo un éxito!

Moitas grazas, Ramón @ramond.veiga
Ata pronto! 🐭


Para ver máis imaxes desta visita, facede click no seguinte enlace:

9 feb 2026

Mandatos do meco do entroido

🎭📚 Mandatos do meco! 📚🎭

No noso colexio tamén se viven os mandatos do Entroido: disfraces creativos e moitas ganas de pasalo ben 🎨🎶

Unha tradición que nos permite aprender, compartir e celebrar xuntos, enchendo os corredores de cor, risas e o espírito do entroido. Porque o Entroido tamén é cultura, convivencia e comunidade ❤️

Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible esta festa tan especial.

Viva o Entroido! 🥳✨




29 ene 2026

EXPOARTE

🏛️🗿 Benvidos á EXPOARTE! 🏛️🗿 Exposición de Arquitectura e Escultura do 3º Ciclo de Primaria
Durante os meses de decembro e xaneiro o alumnado do terceiro ciclo estivo aprendendo sobre estas “artes do deseño”, plasmando os seus coñecementos nas obras arquitectónicas que foron expostas con grande ilusión.

Todo o alumnado do colexio puido visitar esta fantástica exposición, accedendo cos seus tickets como auténticos visitantes dun museo 🎟️👀

O alumnado de 5º e 6º de Primaria foi o gran protagonista, facendo de guía e compartindo os seus coñecementos sobre arquitectura e escultura 🧠👏 Co apoio de fichas técnicas e presentacións, explicaron datos, curiosidades e características das distintas obras.


Para ver máis imaxes desta tremenda exposición, visitar a seguinte ligazón que vos leva ao Instagram da nosa biblioteca:


17 dic 2025

Recomendacións lectoras Nadal

📚✨ Este Nadal, compartimos historias! ✨📚

Desde a biblioteca Raticonto queremos compartir coas familias algunhas recomendacións lectoras, e algúns xogos tamén, para gozar xuntas nestas datas tan especiais.

Contos para soñar, rir, pensar e, sobre todo, para ler en familia ❤️

Agardamos que estes libros e xogos vos acompañen durante o Nadal e máis alá.

Boas lecturas e felices festas! 🎄🐭











5 dic 2025

ARTE FEITA MÚSICA

🎨✨ A Arte Feita Música en Infantil ✨🎶

O alumnado de Educación Infantil sorprendeu hoxe cunha fermosa representación dedicada a Antonio Vivaldi e ás súas obras máis coñecidas. A través do movemento, a expresión corporal e pequenas dramatizacións, os nenos e nenas deron vida á música do compositor italiano, convertendo o escenario nun espazo cheo de sensibilidade artística.

Esta actividade forma parte do noso PDI centrado na arte, no que buscamos que o alumnado explore distintas linguaxes artísticas desde idades temperás, desenvolvendo a creatividade, a escoita activa e o gusto pola cultura.

Unha experiencia chea de emoción, aprendizaxe e música.
Parabéns aos pequenos artistas e ao profesorado pola súa magnífica actuación! 🎻🌟

Para veres o vídeo resumo da actuación, premede na seguinte ligazón:

19 nov 2025

Mochilas viaxeiras

✨ Comezamos coa nosa Mochila Viaxeira! ✨

Hoxe iniciamos unha nova aventura chea de aprendizaxes, emocións e momentos compartidos. A mochila viaxeira viaxará cada semana a un fogar diferente, converténdose nun espazo de encontro entre escola e familia.

📚 Por que a usamos?
A súa finalidade é fomentar o gusto pola lectura, o achegamento aos idiomas, a creatividade e o diálogo familiar. É unha ferramenta que une, que abre portas e que crea recordos.

🎒 Que atoparedes dentro?
• Un libro en galego, para seguir fortalecendo a nosa lingua.
• Un libro en español e outro en inglés, para ampliar horizontes e descubrir novas historias.
• Un libro relacionado cos valores, para pensar xuntos en como medramos por dentro.
• Un libro de manualidades, para deixar voar a imaxinación e gozar en familia.

💭 Espazo de reflexión
Ao final, atoparedes unha folla para que o alumnado e familias poidades escribir ou debuxar como foi a experiencia: que vos gustou máis, que descubríchedes, que vos fixo sorrir… Queremos escoitar as vosas voces!

Grazas por formar parte deste camiño compartido. A mochila xa está lista… Boas viaxes e boas lecturas! ✨📖

Para máis imaxes, botádelle un ollo á publicación na nosa conta de Instagram:

24 oct 2025

Día das Bibliotecas Escolares

Para celebrar o Día das bibliotecas escolares, dende a biblio do CEIP Coirón-Dena, amosamos ao alumnado algunhas das bibliotecas máis curiosas do mundo.Á súa vez, animámolos a que deseñen a súa biblioteca ideal. 📚

Agardamos con impaciencia os deseños dos nosos e nosas artistas! 🎨


Para ver o resultado da actividade visitade a publicación na nosa conta de Instagram: