24 dic 2013
A ÁRBORE DE NADAL DE RATICONTO.
Ola nenos e nenas! Espero que estedes a disfrutar dunhas boas vacacións. Como hoxe é unha noite moi especial, Raticonto quere compartir con todos vós a árbore que, grazas á vosa colaboración, ambientou estes días a Biblioteca.
18 dic 2013
TRÍPTICO NADAL 2013-2014
Como tódolos curso, ao chegar estas datas, desde a Biblioteca queremos recomendarvos unhas bonitas lecturas para o Nadal.
10 dic 2013
EXPOSICIÓN TRABALLOS PERSONAXES DE CONTO.
AQUÍ TEDES AS FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN QUE FIXEMOS COS VOSOS TRABALLOS SOBRE OS PERSONAXES DE CONTO. BEN SABEMOS QUE VOS GUSTOU MOITO E QUE A DISFRUTASTES PERO, VOMO CHEGA O NADAL, CÓMPRE RETIRALA E, COMO DESEXAMOS QUE VOS QUEDE O GRATO RECORDO DE TER PARTICIPADO NELA, PENSAMOS EN AMOSARVOS NO BLOGUE O QUE ELABORASTES POR CURSOS, ASÍ, SEMPRE QUE QUEIRADES, PODEREDES DESFRUTAR DOS VOSOS DEBUXOS E DOS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. DE NOVO QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA PARTICIPACIÓN.
GRAAAAZAS!!!
GRAAAAZAS!!!
9 dic 2013
PERSONAXES CONTOS 3 ANOS B
OS MÁIS PEQUES DO COLE TAMÉN DEBUXARON OS SEUS PERSONAXES DE CONTOS FAVORITOS. MIRADE QUE CHULOS!
25 nov 2013
NOVOS IDENTIFICADORES PARA OS COLABORADORES E COLABORADORAS DA BIBLIOTECA.
Os alumnos e alumnas de 6º nivel, que neste curso colaboran na biblioteca, estrearon hoxe identificadores novos xa que os que tiñan estaban bastante estropeados.
16 nov 2013
10 nov 2013
BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013
O PASADO 26 DE OUTUBRO CELEBROUSE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES QUE NESTE CURSO NA NOSA COMUNIDADE TIÑA COMO LEMA: "LER CIENCIA". ASÍ QUE PUXÉMONOS MANS Á OBRA PARA AMBIENTAR A ENTRADA. ASÍ QUEDOU. ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA.
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
OLA NENOS E NENAS!!! PARA OS QUE NON PASASTES POLA BIBLIOTECA POLO SAMAÍN E PARA OS QUE SI O FIXESTES...UNHAS FOTOS DE RECORDO.
25 oct 2013
LIBROS QUE VAN E VEÑEN
O día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Os máis peques do colexio, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil recibiron un agasallo con tal motivo; unha mochila para poidan levar e traer os libros de préstamo. Aquí os tedes on cadansúa mochiliña laranxa, cortesía da Asesoría de Bibliotecas de Galicia. Estamos seguros de que lle van dar moito uso.
8 oct 2013
BENVIDA DE RATICONTO
OLA NENOS E NENAS!!!XA CÁSEQUE LEVAMOS UN MES DE COLE E EU AÍNDA SEN APARECER POLO BLOGUE. POIS BEN, AQUÍ ESTOU, ESPERO QUE NON PENSARADES EN QUE ME ÍA OLVIDAR DE RECIBIRVOS COMO É DEBIDO. RATIBICOS PARA TODOS E TODAS. VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
4 oct 2013
COLABORADORES CURSO 2013-2014
Ola a todos e todas! Xa empezou un novo curso en con el o préstamo na Biblioteca. Este ano, como vén sendo habitual, os alumnos e alumnas de 6º van colaborar connosco cada día no recreo. Queremos darlles un enorme GRAAAAAAAZAS!!! por tanta voluntariedade. Estamos seguros de que o farán moi ben. O venres pasado tivemos unha reunión para comentar o cometido do traballo a realizar. Mirade que atentos e atentas estaban todos e todas...así dá gusto!!!
26 jun 2013
Lectores e Lectoras Olímpicos e Olímpicas 2012-2013
Presentámosvos os Lectores e Lectoras Olímpicos deste curso. Fíxose entrega dun Diploma Medalla de Ouro para cada aula de E.I. que recolleron as titoras, e en E.P. Diploma Medalla de Ouro e un pequeno agasallo para os e as alumnos e alumnas que máis leron de cada curso, Diploma Medalla de Prata e un chuche, e Diploma Medalla de Bronce e unha lambetada. Aquí tedes as fotografías do momento. Parabéns! Non perdades os bos costumes.
Tamén houbo un momento moi especial para despedir e agradecerlles a súa gran labor aos axudantes da biblioteca deste curso.
Grazas mozos e mozas, sen vós a Biblioteca Raticonto non sería a mesma!
Despois da entrega de Diplomas, Nuria, a Coordinadora de Biblioteca amosou a adicatoria que nos deixou Pepe Carreiro cando nos visitou o pasado 11 de xuño. Quedará na Biblioteca Raticonto como recordo daquela entrañable mañá.
20 jun 2013
Lecturas recomendadas para este verán
Ola a todos e todas,
xa
están aquí as lecturas que seleccionei para as vacacións de verán. Espero que
vos gusten. Disfrutade moito e lede moito! Lembrade que hai tempo para todo.
FELIZ VERÁN!
Ratibicos con sabor a queixo!
Asdo. Raticonto.
Raticonto invita a Pepe Carreiro
O pasado 11 de xuño tivemos a sorte de compartir a mañá con
Pepe Carreiro, unha persoa moi cercana e amena, creador de Os Bolechas (eses personaxes tan entrañables para todos nós).
Contounos
algunha cousiña da súa vida, como que dende pequeno debuxaba o que vía no bar
dos seus pais, e que –por sorte para todos os nenos e nenas - con 20 anos
empezou a traballar como profesional do debuxo.
Explicounos
cómo debuxa os seus personaxes, a importancia da
perspectiva (de frente, de perfil, de costas), e que as
proporcións dos mesmos dependen do que prefira cada debuxante (1 cabeza, 7
cabezas).
E
unha curiosidade: fixástesvos algunha vez que o embigo de Os Bolechas ten a
forma do número 6?
Esperamos
que os rap cos que o agasallamos lle gustaran tanto como ao noso alumnado facelos
(soan de fondo durante o video!).
Pois
ben, co video veredes o ben que nolo fixo pasar. Deixounos unha bonita adicatoria e posou con nós para
as fotos. Mirade ben!
Exposición “Reutilizamos”
Este é o xoguete que fixo Raticonto para a exposición de
traballos con material de refugallo que organizou o Equipo de Extraescolares.
Estás
en todo Raticonto!
30 may 2013
17 de Maio, Día das LETRAS GALEGAS 2013. Roberto Vidal Bolaño.
Este ano
preparamos unha exposición na entrada da Biblioteca chamada “O Pazo das Letras”. En colaboración co
Equipo de Extraescolares argallamos para poñerlle un tellado e un escudo ao
Castelo de Raticonto e así convertilo en Pazo. Todo Pazo que se precie ten o
seu escudo!.
Unha vez
rematado, colocamos material sobre distintos autores galegos: Fina Casalderrey (como Membro da RAG), Pepe Carreiro (ilustrador ben querido
polo alumnado), Rosalía de Castro
(polo 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos) e, como non, Roberto Vidal Bolaño, autor, actor,
escenógrafo, director, guionista de cine e teatro homenaxeado neste 2013. Todos eles xunto a algunhas das súas obras e,
no caso de Roberto Vidal B. tamén dous exemplos da súa participación en cine
galego como Sempre Xonxa e Mareas Vivas.
Raticonto
acompañounos dende o escenario nesta celebración co seu marcapáxinas de Roberto
Vidal Bolaño como podedes ver na foto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)