28 nov 2024

Momotoro

Este curso, temos unha grande novidade na nosa biblioteca, polas tardes, organizamos pequenos obradoiros de lectura e familias.

O primeiro deles, xirou ao redor de Xapón.

Contamos un conto tradicional xaponés que leva por título "Momotoro" e despois...


...demos renda solta á nosa creatividade a través da arte tradicional xaponesa por excelencia de dobrado de papel: o origami!










Mil grazas a todas as familias e a todos os nenos e nenas por encher a nosa biblioteca de ilusión, sorrisos e maxia! Vémonos na próxima!

15 nov 2024

Mmm... galletas da fortuna!

Os raparigos e raparigas de cuarto de primaria están a traballar arreo para aprender moitas cousiñas sobre Xapón, as cales terán que máis adiante expoñer a todos e todas os nenos e nenas do cole.





















E Rati agasallounos cunha sorpresa deliciosaaa... galletas da fortuna!







Mmm! Que rico Rati!

8 nov 2024

A aventura continúa en... Xapón!

Despois da grande viaxe de Rati a Marrocos, o noso rato lector favorito volveu desaparecer, pero onde se metería?


Nin máis nin menos que en Xapón...



E o alumnado de 4º de primaria será o encargado facer o estudo exhaustivo deste país...

Mans á obra rapaces!

30 oct 2024

Un samaín de medooo!

Achégase unha das datas favoritas de todos e todas no CEIP Coirón - Dena: O SAMAÍN!

Na biblio de Rati, temos unha selección  chulísima de libros de Samaín - Halloween...

...e o día de celebración de Halloween, a profe Chus, a teacher Alba e o profe Manuel, foron os encargados de contarnos a todos e todas uns fantásticos pero terroríficos contos de Samaín.



Que medooo!