30 may 2020

RATI NAS ONDAS

Se o "becho" ese que anda por aí pensaba que nos ía parar estaba ben equivocado!!! Aquí están os nosos programas de radio "Rati nas ondas" , feitos con todo o agarimo para as "ratiñas" e "ratiños" confinadas e confinados, semiconfinadas e semiconfinados e, por fin, desconfinadas e desconfinados. Iso si, tomando todas as precaucións que xa coñecemos :máscaras de cara se é preciso, distancia de seguridade e lavar moito moito moito as mans. Con todas e todos vós:

 RATI NAS ONDAS!!!

15 feb 2020

ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros é xornalista, escritora, e traballa no Consello da Cultura Galega onde se realizan traballos de análise e preservación dos valores culturales galegos, de asesoramento institucional e de proxección exterior da nosa cultura. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. Desde o ano 1999 en que presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», xa non parou. Vese que debe sentir auténtica paixón pola escritura o cal lle agradecemos por acercarnos historias marabillosas que nos fan pasar tan bos momentos. Gañadora dun monte de premios, hoxe está connosco para presentarnos a súa última creación, “Xelís, o guiero das botellas de mar”, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil do 2019 que, ainda non lemos pero pronto o faremos.

31 ene 2020

ANXO FARIÑA

Hoxe recibimos na nosa biblioteca ao autor e ilustrador Anxo Fariña. Estivemos a falar do seu libro "Os ecos do lume" que os e as nenos e nenas de 5º e 6º lemos no primeiro trimestre e que trata de concienciarnos sobre o coidado do medio ambiente cuns personaxes moi reais e outros non tanto, os e as habitantes do mundo introterrestre. O espazo lector preparado para o evento cunha póla, con motivo do día da Paz cheíña de burbullas con fotografías dos e das lectores e lectoras da novela e lemas sobre a importancia da natureza e a súa protección.

PÓLAS POLA PAZ

Día da Paz cunhas pólas moi especiais. Cada curso creou o seu lema sobre a non violencia. As mensaxes colocámolas na entrada principal do noso cole nas pólas dun castiñeiro, unha das nosas árbores máis senlleiras. Na biblioteca, Raticonto, no seu novo rincón, anunciou aos a ás nenos e nenas a celebración e ofreceulle lecturas sobre o tema. E...deixou de chover e saímos ao patio celebrar o día da Non Violencia. Lemos unha proclama e danzamos pola paz no mundo.

27 ene 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Chegou o Nadal, vale que imos de vacacións pero non sin as recomendacións lectoras do noso ratiño, aí van! Que o leades ben!!!

Tríptico 1º Trimestre 2019-2020 by Anonymous Am8EfVI on Scribd