10 dic 2024
9 dic 2024
4 dic 2024
3 dic 2024
Dende Xapón ate...
Dende Xapón ate...
...un lugar onde se lle conxelaban as patiñas a Rati... onde sería?
Pois si! Estades no certo! Nin máis nin menos que Laponia...
Amigos e amigas da profe Pili! Poñédevos mans á obra!
2 dic 2024
Mochilas viaxeiras 2024-2025
As mochilas viaxeiras de Rati xa están preparadas para recorrer todos os fogares do CEIP Coirón - Dena.
Este curso temos unha mochilas personalizadas chulísimas cargadiñas dos libros máis fermosos e interesantes da nosa biblio para que todos e todas poidades desfrutar!
Rati espera que vos gusten moitísimo!
29 nov 2024
E chegou o gran día de Xapón
E despois de tanto traballiño... o alumnado de cuarto xa estaba máis que preparado para facer a súa presentación de Xapón.
E vaia se preparado... deixaron a todo o Coirón - Dena coa boca aberta!
Dende a decoración do escenario e a porta da entrada...
...a vestimenta de todos os nenos e nenas...
...ate a súa presentación...
...o seu conto en Kamishibai...
...e como non co seu baile!
Pero se isto parecía pouco, aínda tiveron o detalle de facernos un agasallo para cada neno e para cada nena do cole!
Parabéns rapaces e rapazas! Parabéns profe Belén e Profe Cuca!