26 sept 2024

Na procura de Rati

Despois de tanta espera e non ter novas del, no CEIP Coirón - Dena, decidiuse convocar unha comisión de cazarratos lectores...





E deu o seu froito... aí estaba Rati! Recén chegadiño dende o mesmísimo Marrocos!






Benvido ao cole Rati!

23 sept 2024

Seguimos sen novas de Rati

Pasan os días e a comunidade educativa do CEIP Coirón - Dena segue sen novas de Rati. Que será del? Que pasaría? Onde estará? Esta e mil preguntas inundan todos os recunchos do noso cole, pero, non hai novas ao respecto...

Rati onde estás? Volve ao noso cole...

18 sept 2024

Ratiii... onde estás?

O noso cole e a nosa biblio está baleira... o noso benquerido Rati non aparece por ningures... os corredores do noso cole está cheos de  carteis...






 Polo tanto, mentres o noso rato lector favorito apareza, a biblio permanecerá pechada...

Se alguén o ve por algún lugar... que nolo faga saber!

13 sept 2024

Onde está Rati?

Comezamos o curso, pero o noso amigo Rati non aparece por ningures. Onde estará?

Polas clases apareceron "Biblio Novas" nas que se nos transmitía a preocupación pola desaparición de Rati...


...se alguén ten novas de Rati, que nolo faga saber, por favor?

12 sept 2024