20 dic 2024

Recomendacións lectoras para este Nadal

Achégase o Nadal, polo que Rati vos ofrece as súas recomendacións de libros e xogos para que teñades unha idea á hora de escribirlle a carta aos Reis.

Infantil


1º ciclo


 

2º ciclo


3º ciclo

Rati espera que vos gusten moito! Desfrutade da lectura!

18 dic 2024

Un nadal máxico!

Cando pasa o samaín o corpo pídenos...Nadal!

Para iso, a nosa biblio xa conta cunha fantástica selección de albumes ilustrados e libros de Nadal para que os máis pequenos da casa, desfruten da lectura con esta temática.

Vide á biblioteca... seguro que hai algún que vos gusta!

11 dic 2024

Visitas de autores á nosa biblio

 Quen visitará a nosa biblio durante este curso?

Velaí vai un adiantiño...



Que vos parece? Interesante non? Lede moito... xa que en breve estarán no noso cole a falar dos seus libros e a asinárnolos!

4 dic 2024

As novidades máis esperadas...

 As novidades máis esperadas chegaron á nosa biblio! Vinde botar un olliño...



Teñen unha pintaza!

3 dic 2024

Dende Xapón ate...

 Dende Xapón ate...

...un lugar onde se lle conxelaban as patiñas a Rati... onde sería?


Pois si! Estades no certo! Nin máis nin menos que Laponia...




Amigos e amigas da profe Pili! Poñédevos mans á obra!

Día Internacional das persoas con discapacidade

 


2 dic 2024

Mochilas viaxeiras 2024-2025

As mochilas viaxeiras de Rati xa están preparadas para recorrer todos os fogares do CEIP Coirón - Dena.

Este curso temos unha mochilas personalizadas chulísimas cargadiñas dos libros máis fermosos e interesantes da nosa biblio para que todos e todas poidades desfrutar!



 Rati espera que vos gusten moitísimo!

29 nov 2024

E chegou o gran día de Xapón

E despois de tanto traballiño... o alumnado de cuarto xa estaba máis que preparado para facer a súa presentación de Xapón.

E vaia se preparado... deixaron a todo o Coirón - Dena coa boca aberta!

Dende a decoración do escenario e a porta da entrada...





...a vestimenta de todos os nenos e nenas...

...ate a súa presentación...











...o seu conto en Kamishibai... 





...e como non co seu baile!

Pero se isto parecía pouco, aínda tiveron o detalle de facernos un agasallo para cada neno e para cada nena do cole!



Parabéns rapaces e rapazas! Parabéns profe Belén e Profe Cuca!