Hoxe recibimos na nosa biblioteca ao autor e ilustrador Anxo Fariña. Estivemos a falar do seu libro "Os ecos do lume" que os e as nenos e nenas de 5º e 6º lemos no primeiro trimestre e que trata de concienciarnos sobre o coidado do medio ambiente cuns personaxes moi reais e outros non tanto, os e as habitantes do mundo introterrestre. O espazo lector preparado para o evento cunha póla, con motivo do día da Paz cheíña de burbullas con fotografías dos e das lectores e lectoras da novela e lemas sobre a importancia da natureza e a súa protección.
31 ene 2020
PÓLAS POLA PAZ
Día da Paz cunhas pólas moi especiais. Cada curso creou o seu lema sobre a non violencia. As mensaxes colocámolas na entrada principal do noso cole nas pólas dun castiñeiro, unha das nosas árbores máis senlleiras. Na biblioteca, Raticonto, no seu novo rincón, anunciou aos a ás nenos e nenas a celebración e ofreceulle lecturas sobre o tema.
E...deixou de chover e saímos ao patio celebrar o día da Non Violencia. Lemos unha proclama e danzamos pola paz no mundo.
27 ene 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Chegou o Nadal, vale que imos de vacacións pero non sin as recomendacións lectoras do noso ratiño, aí van! Que o leades ben!!!
Tríptico 1º Trimestre 2019-2020 by Anonymous Am8EfVI on Scribd
DIVERSIDADE FUNCIONAL
Día da Diversidade Funcional. O 3 de decembro realizamos unhas actividades pensadas para promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidade e concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da súa vida.
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
O mural onde queda patente o noso rexeitamento da violencia de xénero e como combater desde a escola esta lacra social.
MAGOSTO
Novembro, recendo a castañiñas ben quentiñas, música da terra coa Asociación Penaguda e bos e boas amigos e amigas para compartires xogos populares. E unha sorpresa, unha obra de teatro protagonizada por personaxes ben coñecidos por todos e todas pero un pouco especiais, non si?
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Primeira das celebracións a teres en conta. O Día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro. Este curso con sabor radiofónico coa visita de Puri e Carlos ;enquisa sobre os nosos gustos en programas de radio e un vídeo no que plasmamos a nosa idea de Cidadanía e Igualdade.
VISITAS GUIADAS
Visitas guiadas. Recordade as normas de emprego do noso espazo lector e recibide a nosa benvida.
COLABORADORES E COLABORADORAS
Os a as nosos/as colaboradores/as neste curso. Grande labor destes compañeiros e compañeiras que tanto nos axudan nas sesións de biblioteca no recreo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)