19 oct 2020

19 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS


De hoxe, de onte, de aquí, de acolá, máis ou menos coñecidas, pero todas importantes...Día das Escritoras...Unha data na que temos presente que a escritura tamén é, e cada vez máis, feminina.

30 may 2020

RATI NAS ONDAS

Se o "becho" ese que anda por aí pensaba que nos ía parar estaba ben equivocado!!! Aquí están os nosos programas de radio "Rati nas ondas" , feitos con todo o agarimo para as "ratiñas" e "ratiños" confinadas e confinados, semiconfinadas e semiconfinados e, por fin, desconfinadas e desconfinados. Iso si, tomando todas as precaucións que xa coñecemos :máscaras de cara se é preciso, distancia de seguridade e lavar moito moito moito as mans. Con todas e todos vós:

 RATI NAS ONDAS!!!

15 feb 2020

ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros é xornalista, escritora, e traballa no Consello da Cultura Galega onde se realizan traballos de análise e preservación dos valores culturales galegos, de asesoramento institucional e de proxección exterior da nosa cultura. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. Desde o ano 1999 en que presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», xa non parou. Vese que debe sentir auténtica paixón pola escritura o cal lle agradecemos por acercarnos historias marabillosas que nos fan pasar tan bos momentos. Gañadora dun monte de premios, hoxe está connosco para presentarnos a súa última creación, “Xelís, o guiero das botellas de mar”, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil do 2019 que, ainda non lemos pero pronto o faremos.

31 ene 2020

ANXO FARIÑA

Hoxe recibimos na nosa biblioteca ao autor e ilustrador Anxo Fariña. Estivemos a falar do seu libro "Os ecos do lume" que os e as nenos e nenas de 5º e 6º lemos no primeiro trimestre e que trata de concienciarnos sobre o coidado do medio ambiente cuns personaxes moi reais e outros non tanto, os e as habitantes do mundo introterrestre. O espazo lector preparado para o evento cunha póla, con motivo do día da Paz cheíña de burbullas con fotografías dos e das lectores e lectoras da novela e lemas sobre a importancia da natureza e a súa protección.

PÓLAS POLA PAZ

Día da Paz cunhas pólas moi especiais. Cada curso creou o seu lema sobre a non violencia. As mensaxes colocámolas na entrada principal do noso cole nas pólas dun castiñeiro, unha das nosas árbores máis senlleiras. Na biblioteca, Raticonto, no seu novo rincón, anunciou aos a ás nenos e nenas a celebración e ofreceulle lecturas sobre o tema. E...deixou de chover e saímos ao patio celebrar o día da Non Violencia. Lemos unha proclama e danzamos pola paz no mundo.

27 ene 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Chegou o Nadal, vale que imos de vacacións pero non sin as recomendacións lectoras do noso ratiño, aí van! Que o leades ben!!!

Tríptico 1º Trimestre 2019-2020 by Anonymous Am8EfVI on Scribd

NADAL

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Día da Diversidade Funcional. O 3 de decembro realizamos unhas actividades pensadas para promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidade e concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da súa vida.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O mural onde queda patente o noso rexeitamento da violencia de xénero e como combater desde a escola esta lacra social.

MAGOSTO

Novembro, recendo a castañiñas ben quentiñas, música da terra coa Asociación Penaguda e bos e boas amigos e amigas para compartires xogos populares. E unha sorpresa, unha obra de teatro protagonizada por personaxes ben coñecidos por todos e todas pero un pouco especiais, non si?

SAMAÍN

E chegou o tan esperado Samaín. Monstroso, terrorífico. Sin faltar á cita co túnel do medo.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Primeira das celebracións a teres en conta. O Día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro. Este curso con sabor radiofónico coa visita de Puri e Carlos ;enquisa sobre os nosos gustos en programas de radio e un vídeo no que plasmamos a nosa idea de Cidadanía e Igualdade.

VISITAS GUIADAS

Visitas guiadas. Recordade as normas de emprego do noso espazo lector e recibide a nosa benvida.

COLABORADORES E COLABORADORAS

Os a as nosos/as colaboradores/as neste curso. Grande labor destes compañeiros e compañeiras que tanto nos axudan nas sesións de biblioteca no recreo.