19 dic 2015

Raticonto no festival de Nadal

Grande primicia!!! Raticonto debuta cos alumnos e alumnas de 2º no teatro musical "Coliflor con bacallau" e despois, xa como espectador, disfruta do festival de Nadal e posa cos Reis Magos e os seus paxes..que lle pediría...seguro que un monte de libros para a biblio!!!

15 dic 2015

EXPLORA O NADAL CO TEU ANIMAL

Grazas nenos e nenas pola vosa colaboración na decoración da árbore sorpresa de Nadal para Rati...esas bonitas mascotas... cans de pallerio, canarios, tartarugas, gatiños e gatiñas, cabalos...todos e todas tiveron un oco no voso maxín...que contento marchou o noso ratiño de exploración ao Ártico!!!...Mandounos unhas fotos polo WhatsApp para que miredes como lle vai por alí...pero pronto voltará...o venres estará con todos e todas vós para celebrares o fin deste trimestre e a chegada das vacacións de Nadal.

12 dic 2015

PLANETARIO

O pasado mércores ao longo de todo o día o alumnado do centro tivo a ocasión de asistir á actividade do Planetario que, instalado no ximnasio, ofreceu unha sesión a cada un dos grupos de nenos e nenas co obxectivo de acercalos ao mundo da cosmofísica. Miraron Nubes, a rotación da Terra, a gravidade, o home astronauta,o ceo(estrelas constelacións e planetas), a orixe da vida, as fases da Lúa, os cambios de latitude, do micro ao macro universo...contidos adaptados ás idades dos rapaces e rapazas. Raticonto anunciou a actividade cun bonito cartel.


10 nov 2015

COLABORADORES/-AS DESTE CURSO

Os/as colaboradores/-as da Biblioteca Raticonto deste curso. A diferenza doutros anos, tamén participa o alumnado de 5º...E aí andan, a botar unha man...grazas a todos e todas...é unha sorte contar coa súa axuda!!!

MARCADORES COA PEGADA DE RATICONTO.

Aquí estades con eses magníficos e preciosísimos marcadores que elaborastes para saber o lugar ao que devolver o libro que colledes, nos andeis, cando ides á biblioteca...Agora, a empregalos!!!

29 oct 2015

"ARAÑA O SAMAÍN"

Neste Samaín a nosa biblioteca encheuse de bichiños peludos e de nenos e nenas que daban moito pero moito medo...e Rati, na entrada, invitando a todos e todas a disfrutar desta festa tan de susto...

23 oct 2015

24 de outubro...Exploramos xuntos

Ola a todos e todas! Recordaredes que vos pedimos axuda para elaborar o mural da celebración do Día das Bibliotecas Escolares no que neste curso explorastes xunto coas vosas mascotas...aquí tedes o resultado das vosas pescudas... moitas grazas pola vosa colaboración...sodes xeniais...e moi bos e boas exploradores e exploradoras!!!

1 oct 2015

Comeza o préstamo!!!

Ola a todos e todas...por se alguén aínda anda un pouco despistado ou despistada aí vai a proba de que hoxe iniciouse o préstamo na Biblioteca Raticonto...a partires deste xoves, na sesión de patio...estaremos agardándovos...para que veñades facernos compaña...para levar un libro para a casa... para pasar un ratiño en boa compaña...

10 sept 2015

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO!!!

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este ano escolar 2015-2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares...
 Aquí tedes ao noso ratiño disposto a explorar até os confíns máis recónditos deste noso precioso planeta e máis aló!!!
Benvidos e benvidas a este novo curso... esperámosvos na biblioteca!!!

19 jun 2015

ENTREGA DOS PREMIOS ÁS LECTORAS E AOS LECTORES OLÍMPICOS DESTE CURSO.

Como acontece cada curso, a biblioteca Raticonto premia a aquelas nenas e aqueles nenos que máis leron ao longo do ano escolar. Parabéns para todas e todos...ánimo aso que non o acadastes...de seguro que para o vindeiro o conseguides...esperámosvos pola biblio!!! Raticonto e o equipo de biblioteca deséxanvos unhas moi boas vacacións de verán...e non olvidedes que un libro sempre é unha boa compaña!!!

18 jun 2015

DESPEDIDA DAS COLABORADORAS E COLABORADORES DO CURSO 2014-2015

Hoxe as chicas e chicos de 6º, que nos axudaron este ano na biblioteca, recibiron un pequeno agasallo pola súa inestimable colaboración ao longo dos patios deste curso que está a piques de finalizar. Desexámoslle que todo lles sexa propicio a partires de agora. Moita sorte e RATIGRAZAS!!!

12 jun 2015

Desde 5º B anímannos á lectura.

VÍCTOR RIVAS

Hoxe recibimos unha visita moi especial... Víctor Rivas, adícado profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual. Creador dos personaxes dunha aplicación para escribir contos nas tablets que se chama Creappcuentos que traballaron os alumnos de 1º e 3º, e ilustrador do libro que estivemos a ler, comentar e disfrutar nestes días, en 5º e 6º,“Escarlatina, a cociñeira defunta” ademais doutros que podemos atopar na nosa biblioteca como “Volverás, golfiño” , “Dúas bágoas por máquina”... Contounos como era isto de crear eses personaxes tan máxicos como Escarlatina, Román, Dodoto, Amanito,Nicotina...Iris...Xusta...Máquina...amosounos o seu mundo de fantasía...ata nos debuxou un dragón!!! Logo firmounos os nosos libros cunha adicatoria absolutamente personalizada!!! e, xa máis tarde, acompañou á nosa mascota, Raticonto, a visitar a biblioteca onde nos deixou a súa impronta. Grazas pola túa visita, Víctor, e grazas, profe Cuca, por facilitarnos coñecer a alguén tan especial!!!

2 jun 2015

Olloboi 2015

O sábado pasado falláronse os premios Olloboi 2015. Estabamos nominados en seis categorías co vídeo "Maruxa" e acadamos o primeiro premio no Olloboi Online. Desde aquí grazas a todos e todas os que o fixestes posibles cos vosos votos!!!


 

18 may 2015

Crebacabezas de Figueira Valverde

Os crebacabezas de Filgueira Valverde agárdanvos no corredor da Biblioteca. Quen será o oua máis rápido ou rápida en facelos?

14 may 2015

PERIPLO ATLÁNTICO

O Concello, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, agasallounos cunha actividade de teatro titulada "Periplo Atlántico". O Grupo chamado Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques, nos cales desenrolan unha temática didáctica de xeito lúdico. Primeiramente, Enrique Mauricio argalla unha historia de xeito oral,nesta ocasión a dun pingüín chamado Panchito, namentres Carlos Taboada debuxa un mural in situ, vencellado ó conto. Despois, espallan no seu contido a través duha rolda de prensa coa axuda dos dous.Para rematar, entre todas e todos, debuxamos a Panchito, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún!!! Raticonto estivo presente, todo sentado e atento, na súa cadeira, compartindo cos nenos e nenas de 3º,4º 5º e 6º esta actividade e logo pedíulle a Enrique e a Carlos unha adicatoria ben bonita, no precioso libro que nos regalaron, "As fadas das camelias", que pasará a formar parte da nosa estantería de visitantes ilustres. GRAZAS!!!

26 feb 2015

Os pequerrechos do cole homenaxean a Rosalía.

Este ano os/as peques do cole quixeron homenaxear a Rosalía recitando un dos seus poemas...Aquí os/as tedes...A que o fixeron de marabilla!!!