28 oct. 2014

Rodeados de mates...

O pasado xoves, día 24, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Como xa comentaramos, neste curso o lema era "Biliotecas escolares...matemático!" As seguintes imaxes mostran como quedou de chulo o mural,presidido por un Raticonto matemático, como non podía ser doutro xeito, que fixemos coas fotografías que trouxestes das vosas casas rodeados de realidades matemáticas. Desde aquí o noso agradecemento ás familias pola inestimable axuda para levar a cabo esta actividade da que tanto disfrutaron os cativos e cativas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario