26 jun 2013

Lectores e Lectoras Olímpicos e Olímpicas 2012-2013

Presentámosvos os Lectores e Lectoras Olímpicos deste curso. Fíxose entrega dun Diploma Medalla de Ouro para cada aula de E.I. que recolleron as titoras, e en E.P. Diploma Medalla de Ouro e un pequeno agasallo para os e as alumnos e alumnas que máis leron de cada curso, Diploma Medalla de Prata e un chuche, e Diploma Medalla de Bronce e unha lambetada. Aquí tedes as fotografías do momento. Parabéns! Non perdades os bos costumes.

 

Tamén houbo un momento moi especial para despedir e agradecerlles a súa gran labor aos axudantes da biblioteca deste curso. 

Grazas mozos e mozas, sen vós a Biblioteca Raticonto non sería a mesma!




 Despois da entrega de Diplomas, Nuria, a Coordinadora de Biblioteca amosou a adicatoria que nos deixou Pepe Carreiro cando nos visitou o pasado 11 de xuño. Quedará na Biblioteca Raticonto como recordo daquela entrañable mañá. 

Grazas Pepe Carreiro! 


20 jun 2013

Lecturas recomendadas para este verán


         Ola a todos e todas,
         xa están aquí as lecturas que seleccionei para as vacacións de verán. Espero que vos gusten. Disfrutade moito e lede moito! Lembrade que hai tempo para todo.
FELIZ VERÁN!
Ratibicos con sabor a queixo!
Asdo. Raticonto.


Raticonto invita a Pepe Carreiro

O pasado 11 de xuño tivemos a sorte de compartir a mañá con Pepe Carreiro, unha persoa moi cercana e amena, creador de Os Bolechas (eses personaxes tan entrañables para todos nós).
         Contounos algunha cousiña da súa vida, como que dende pequeno debuxaba o que vía no bar dos seus pais, e que –por sorte para todos os nenos e nenas - con 20 anos empezou a traballar como profesional do debuxo.
         Explicounos cómo debuxa os seus personaxes, a importancia da perspectiva (de frente, de perfil, de costas), e que as proporcións dos mesmos dependen do que prefira cada debuxante (1 cabeza, 7 cabezas). 
         E unha curiosidade: fixástesvos algunha vez que o embigo de Os Bolechas ten a forma do número 6?
         Esperamos que os rap cos que o agasallamos lle gustaran tanto como ao noso alumnado facelos (soan de fondo durante o video!).
         Pois ben, co video veredes o ben que nolo fixo pasar. Deixounos  unha bonita adicatoria e posou con nós para as fotos. Mirade ben!


Exposición “Reutilizamos”




Este é o xoguete  que fixo Raticonto para a exposición de traballos con material de refugallo que organizou o Equipo de Extraescolares.
         Estás en todo Raticonto!